A Xustiza evitaría ter que volver ao Concello se o alcalde lle enviase todo o relativo a Vendex

A Xustiza evitaría ter que volver ao Concello se o alcalde lle enviase todo o relativo a Vendex

A Coruña, 3 de decembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a Xustiza evitaría ter que volver ao Concello se o Goberno do Sr. Negreira enviase a documentación íntegra relativa a Vendex, tal e como lle pedira o BNG ao alcalde nun escrito de 3 de outubro de 2012. En aras da información e transparencia na xestión municipal, o BNG tamén reclamaba neste escrito que toda esa documentación debería darse a coñecer publicamente a través da propia páxina web do Concello da Coruña.

O BNG rexistrara este escrito dous días despois de que o Partido Popular rexeitara na sesión plenaria de outubro de 2012 unha moción das nacionalistas para que se crease unha comisión informativa especial de investigación e inspección das concesións outorgadas ao grupo Vendex.

O Grupo Municipal do BNG apela á máxima colaboración coa Xustiza e pide que se investigue cada contrato caia quen caia.

A Xustiza evitaría ter que volver ao Concello se o alcalde lle enviase todo o relativo a Vendex