Urbanismo accede á petición do BNG e Marea e convoca a Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña o 29S

Elviña non se Vende. Parque Ofimático.
Tal e como formalmente lle solicitaron por escrito o pasado martes BNG e a Marea Atlántica, a Concellaría de Urbanismo vai convocar a Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña afectada polo Parque Ofimático o próximo martes 29 de setembro ás 17 horas no Pazo de María Pita (salón dourado).
Urbanismo accede á petición do BNG e Marea e convoca a Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña o 29S

O BNG felicítase de que finalmente o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, atendese o requerimento que lle foi feito e dese xeito cumprise co compromiso que no seu día formalizou coa Corporación (nos plenos de xullo e setembro) e coa propia veciñanza.

“O obxectivo da Mesa de Traballo ten que ir orientado a dar cumprimento ao que conviñemos en xuño de 2019 BNG e PSdeG ao asinarmos o Acordo de Investidura: isto é, ou a desafectación das vivendas atinxidas polo Ofimático ou unha solución urbanística equiparábel que conte co consenso veciñal”, remarca Avia Veira, responsábel de Urbanismo do grupo municipal do BNG.

Na Mesa de Traballo terá presenza unha representación veciñal, o concelleiro delegado de Urbanismo e representantes dos distintos grupos municipais da Corporación.

Urbanismo accede á petición do BNG e Marea e convoca a Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña o 29S