Reiteramos a nosa oposición a que se constrúa nos soares do Campo da Estrada, que deberían volver á propiedade municipal

maestranza
O grupo municipal do BNG critica que a Xunta do Goberno Local aprobase hoxe o estudo de detalle que permitirá a construción de vivendas nos terreos do Campo da Estrada.
Reiteramos a nosa oposición a que se constrúa nos soares do Campo da Estrada, que deberían volver á propiedade municipal

“En coherencia coa posición que mantemos sobre os peiraos da dársena interior -que teñen que ser devoltos á cidade unha vez liberados dos usos portuarios-, os terreos cedidos pola cidade a Defensa, na altura da Guerra, terían que retornar á propiedade municipal unha vez que o Ministerio xa non lles dá ningunha función pública”, afirma Avia Veira.

Para o BNG, hai unha “responsabilidade compartida por parte de diferentes actores” no proceso de privatización duns terreos que deberían manter o seu carácter público e que, consecuentemente, deberían pasar do Ministerio de Defensa ao patrimonio municipal.

“Hai unha responsabilidade por parte de quen asinou os convenios con Defensa –o Goberno Local durante a época de Francisco Vázquez. Hai unha responsabilidade por parte do anterior Goberno Local, que foi incapaz de establecer unha negociación co Estado para mudar eses convenios, e tamén por parte da actual alcaldesa, quen desde xuño de 2019 tivo tempo máis que de abondo para negociar co Estado a restitución dos terreos ao Concello”, avalía Avia Veira.

E a responsabilidade atinxe tamén a unha Xunta de Galiza que, subliña a concelleira nacionalista, “debería ter ampliado o espazo de protección dos restos das murallas, con vistas a evitar que se continúe a destruír o noso patrimonio histórico”.

 

Reiteramos a nosa oposición a que se constrúa nos soares do Campo da Estrada, que deberían volver á propiedade municipal