PXOM: O BNG xa advertira de que había que esperar polo informe de Patrimonio sobre Durmideiras

PXOM: O BNG xa advertira de que había que esperar polo informe de Patrimonio sobre Durmideiras

A Coruña, 21 de novembro de 2012.- O Bloque Nacionalista Galego xa advertira de que non se podía aprobar provisionalmente o PXOM mentres a Dirección Xeral de Patrimonio non informase favorabelmente dos cambios na contorna da Torre. Foi este o motivo que levou os nacionalistas a solicitaren a retirada da aprobación provisional do PXOM da orde do día do Pleno extraordinario de agosto co fin de que o Concello da Coruña agardase ao informe para aprobar provisionalmente o plan.

O Grupo Municipal do BNG sinalara entón que Patrimonio ía informar de modo que se condicionaba o PXOM. Así, as présas do Sr. Negreira na xestión chapuceira en temas de urbanismo provocaron que o plan teña que ir de novo ao Pleno, tal e como alertara o BNG.

Por último, os nacionalistas xa puxeran de manifesto tanto no Pleno extraordinario de agosto como nas asembleas coa veciñanza de Durmideiras que Patrimonio non ía tolerar sen máis o desprazamento dos mamotretos de Santo Amaro á canteira de Durmideiras.

PXOM: O BNG xa advertira de que había que esperar polo informe de Patrimonio sobre Durmideiras