O PP gastará 56.000€ nunha enquisa a comerciantes da Agra e á vez suprímelles as axudas directas

O PP gastará 56.000€ nunha enquisa a comerciantes da Agra e á vez suprímelles as axudas directas

A Coruña, 19 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG lamenta que o Goberno municipal vaia gastar un total de 56.302 euros nunha enquisa a comerciantes da Agra do Orzán, tendo en conta que o Sr. Negreira decidiu eliminar as axudas directas a comercio, hostalaría e talleres de automoción que se contemplaban no Urbana C. Así, os nacionalistas volven criticar que o Goberno municipal suprimira do Urbana C estas axudas a fondo perdido e o viveiro de empresas proxectado para destinar un millón de euros a unha aula virtual de busca de emprego.

Lembra o BNG que o Goberno municipal chegou a desprezar os e as destinatarios destas axudas no informe da reprogramación do Urbana C, onde se di "En el Agra del Orzán existe una sobreoferta del sector hostelería... mas de 100 bares de baja calidad de la oferta", "la ubicación de estos talleres en pequeños locales, insertos en las estrechas calles del barrio, hacen problemática toda actuación de dinamización económica de este sector cara el futuro, pues tendrán que cambiar de ubicación hacia la periferia urbana", "la voluntad de realizar unicamente pequeñas inversiones...

O Grupo Municipal do BNG advirte da falta de xestión do Goberno municipal para axudar o pequeno e mediano comercio, un dos sectores estratéxicos da cidade máis castigados pola crise. Precisamente, os e as comerciantes, que realizan case a metade das súas vendas no nadal, prevén unha caída das vendas próximas ao 40% dadas as medidas adoptadas polo PP: suba do IVE, liberalización de horarios comerciais, supresión da paga extra a empregados e empregas públicas e o empobrecemento da cidadanía.

O PP gastará 56.000€ nunha enquisa a comerciantes da Agra e á vez suprímelles as axudas directas