PREGUNTA DE AVIA VEIRA AO GOBERNO LOCAL

Pozas, roedores e sucidade na praza Casares Quiroga, a carón do CEIP Salgado Torres

praza_maria_casares
Praza Casares Quiroga
A concelleira do BNG Avia Veira vén de rexistrar unha batería de preguntas por escrito ao Goberno Local en relación ao estado de abandono e sucidade que presenta a praza Casares Quiroga, na contorna do CEIP Salgado Torres.
Pozas, roedores e sucidade na praza Casares Quiroga, a carón do CEIP Salgado Torres

A ese respecto, a edil nacionalista remarca que “as nais e pais do CEIP Salgado Torres rexistraron no Concello da Coruña unha queixa porque no acceso do colexio pola praza Casares Quiroga a rapazada do centro ten que ir con botas de auga e mudalas ao chegaren ao colexio”. E iso é así polas “acumulacións de auga” que se producen en plena vía pública.

Sucidade, restos de botellas, presenza abundante de roedores... Ese é o panorama da praza, “algo incompatíbel cun espazo que está a carón dun centro de educación infantil e primaria e dun parque infantil”, subliña Veira.

“Cales son as medidas que se teñen pensado poñer en marcha para solucionar este problema”, inquire Avia Veira o Goberno Local, para alén de lle preguntar cando ten pensado arranxar a praza “para acondicionala e para que non se produzan as acumulacións de auga que denuncian as nais e pais do CEIP Salgado Torres e máis a veciñanza da zona”.

Pozas, roedores e sucidade na praza Casares Quiroga, a carón do CEIP Salgado Torres