PRODUTO DO IMPULSO DO BNG

Un paso máis para Ibrahima Diack e Magatte Dnidaye recibiren o título de fillos adoptivos da cidade

Comisión de Honras e Distincións
Un momento da Comisión
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, celebra que a Comisión de Honras e Distincións, reunida esta mañá, dese un paso máis para Ibrahima Diack e Magatte Dnidaye recibiren o título de fillos adoptivos da cidade.
Un paso máis para Ibrahima Diack e Magatte Dnidaye recibiren o título de fillos adoptivos da cidade

O nomeamento como fillos predilectos destes cidadáns senegales -que puxeron en risco as súas vidas para auxiliaren Samuel Luiz, o mozo barbaramente asasinado nun crime con connotacións homófobas-  é produto do impulso do BNG, autor dunha moción que foi aprobada por unanimidade no Pleno do Concello o pasado mes de setembro.

A proposta, unha vez vista pola Comisión, pasa agora ao Pleno da Corporación, a se realizar o próximo xoves.

Nese Pleno o BNG porá sobre a mesa a demora do Goberno Local na convocatoria desta comisión, que realizou a súa última reunión en marzo de 2021. En realidade, o Goberno Local só se animou a convocala o mesmo día en que Francisco Jorquera rexistrou unha pregunta oral ao Executivo coruñés en que se interesaba por saber a que agardaba este para fixar unha reunión dese órgano do Concello.

Na reunión de hoxe, viuse tamén a proposta, que o BNG por suposto respalda, de nomear, a título póstumo, como fillo predilecto da cidade,  Javier López, e, como fillos adoptivos, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, os héroes do Orzán que deron a súa vida no intento de rescate do malogrado estudante checo Tomas Velecky.

 

 

 

Un paso máis para Ibrahima Diack e Magatte Dnidaye recibiren o título de fillos adoptivos da cidade