ASOCIACIONISMO

Que pasa co pagamento dos convenios ás entidades asociativas da cidade?

Foto diante da Biblioteca da A.VV. Monte Alto nos actos de celebración do 40 aniversario
Foto diante da Biblioteca da A.VV. Monte Alto nos actos de celebración do 40 aniversario o pasado mes de maio

É inexplicábel que o Goberno municipal non responda ante as entidades máis dilixentes facendo posíbel o pagamento dos convenios

Presentamos hoxe unhas iniciativas nas que demandamos do Goberno da Marea Atlántica axilidade á hora de xestionar a subvencións nominativas polo que se financia o servizo de biblioteca no Campo de Marte que ofrece a A.VV. dass Atochas, Monte Alto, Torre de Hércules, Durmideiras: un servizo moi demandado e para o que a asociación conta cunha traballadora

Non deixa de chamar a atención que o Goberno Local financie unha festa co lema Revive Monte Alto e resulta que ten morrendo un convenio que precisamente permite manter aberta e viva a biblioteca do Campo de Marte xestionada pola A.VV. Monte Alto, unha asociación que leva traballando polo barrio desde hai 40 anos

Que pasa co pagamento dos convenios ás entidades asociativas da cidade?

Presentamos hoxe unhas iniciativas (podes descagalas premendo aquí) nas que demandamos do Goberno da Marea Atlántica axilidade á hora de xestionar a subvencións nominativas polo que se financia o servizo de biblioteca no Campo de Marte que ofrece a A.VV. dass Atochas, Monte Alto, Torre de Hércules, Durmideiras: un servizo moi demandado e para o que a asociación conta cunha traballadora

Consideramos inexplicábel que o Goberno municipal non responda ante as entidades máis dilixentes facendo posíbel o pagamento dos convenios.

E é que van xa seis meses desde que foi aprobado o orzamento do Concello da Coruña e, con el, o anexo de subvencións nominativas. No dito anexo, figuran todas as entidades receptoras das subvencións nominativas, o concepto e a cantidade a percibir.

Unha destas entidades é a Asociación Veciñal As Atochas, Monte Alto, Torre de Hércules, Durmideiras que percibe 11.000 euros para financiar os gastos ordinarios da biblioteca Campo de Marte para dar un servizo público de lectura a calquera cidadán da Coruña que o demande e, para iso, a asociación conta cunha traballadora.

Non foi até o venres 24 de novembro de 2017 que o departamento correspondente do Concello da Coruña se puxo en contacto coa asociación veciñal para asinar a subvención nominativa malia que a devandita entidade presentou coa máxima axilidade a documentación necesaria.

Denunciamos así que, malia quedar apenas un mes para rematar o ano, a dita asociación aínda non cobrou a subvención nominativa aínda que o Concello da Coruña coñece que este é un servizo moi demandado pola veciñanza e que precisa da presenza desa traballadora.

 

A Coruña, 27 de novembro de 2017.

Que pasa co pagamento dos convenios ás entidades asociativas da cidade?