XXVII HOMENAXE DE GALIZA NOVA E O BNG DA CORUÑA A UN DOS NOSOS GRANDES SÍMBOLOS NACIONAIS

Paixón por Curros, paixón por Galiza

NR
Homenaxear Curros é tanto como render tributo ao mellor que deu o noso país, a paixón pola defensa das súas clases populares, da súa lingua, da súa identidade, da súa condición de pobo diferenciado.
Paixón por Curros, paixón por Galiza

Ese é o legado que nos deixou Curros, un poeta que amou A Coruña como case ninguén e que foi pola nosa cidade correspondido con non menos forza.

Ese legado personíficao nesta altura o nacionalismo galego, así o defenderon ao pé do monumento de Asorey, nos Xardíns de Méndez Núñez, as cinco oradoras que tomaron a palabra na edición XXVII da homenaxe que cado ano tributan a Curros Enríquez Galiza Nova e o BNG da Coruña: Nacho Siota, Francisco Jorquera, Mercedes Queixas, Vitoria Louro e Néstor Rego.

Siota

Palabras de reivindicación de Curros e palabras de reivindicación da soberanía que nos corresponde como pobo. Soberanía para garantir a nosa pervivencia material, para acabar co espolio dos nosos recursos, como remarcou no seu discurso Néstor Rego. "O amor inmenso que temos por Galiza é o combustíbel do nacionalismo, dun movemento social e político con décadas de historia, con máis dunha centuria ás súas costas, unha paixón que, como dicía Castelao, alcanzará o seu fin cando conquistemos a soberanía", clamou o noso portavoz no Congreso.

20210721_203956

Rego chamou a unha grande mobilización na manifestación nacional do Día da Patria Galega, o próximo domingo en Compostela. Con todas as medidas de seguranza, si, mais mobilización masiva. O nacionalismo ten que liderar desde a rúa a alternativa a un PP que dirixe Galiza, subliñou, con absoluta sumisión a Madrid, como se está a ver coa situación do sector enerxético. Continúa o espolio dos nosos recursos naturais, dixo, o prezo da luz polas nubes, a Xunta sen discurso propio nin propostas sobre a mesa e o Goberno do Estado "que agora lle bota a culpa de todo a Putin", ironizou.

MQZ

O BNG si ten propostas: nacionalización das grandes eléctricas, tarifa eléctrica galega. Esa é a diferenza. Un BNG que ten o País na cabeza face un PP que se limita a ollar para Madrid, preso dos intereses das grandes corporacións con sede na capital española, concluíu Rego.

 

 

VL

As persoas a entoaren o himno galego puxeron o ramo a un acto que contou cunha numerosa concorrencia, nas vésperas do noso grande día nacional.

Paixón por Curros, paixón por Galiza