Ordenanzas: xustiza e equidade fiscal, que pague máis quen máis ten

Ordenanzas: xustiza e equidade fiscal, que pague máis quen máis ten

A Coruña, 29 de outubro de 2015.- Logo de lle trasladar ao Goberno municipal e de facer públicas as súas propostas para as ordenanzas fiscais, o Grupo Municipal do BNG segue agardando que se lle conteste, ou canto menos se lle comunique, cal é o parecer do Goberno da Marea Atlántica sobre as mesmas.ordenanzasfiscais_

O Grupo Municipal do BNG segue agardando a que o Goberno municipal lle conteste sobre ás súas propostas para as ordenanzas fiscais

“Sorpréndenos que a Marea Atlántica e o PSOE anuncien ter pechado practicamente o acordo para as ordenanzas fiscais cando aínda non sabemos se se tiveron en conta as nosas propostas”, sinala a concelleira nacionalista Avia Veira.

O BNG sorpréndese de que a Marea Atlántica e o PSOE anuncien ter practicamente pechado un acordo cando aínda non saben se se tiveron en conta as súas propostas

Neste sentido, Veira lembra que o BNG trasladou, entre outras, propostas como a de derrogación da suba do recibo da auga aprobada polo Goberno municipal do Partido Popular no mandato anterior, a de exención do pago do IBI á Universidade da Coruña, a derrogación da taxa de decomiso as persoas que exercen a venda ambulante ou a derrogación da taxa de matrimonio.

As nacionalistas anuncian que se non se teñen en conta as súas achegas e se non axustan a criterios de equidade e xustiza social presentarán alegacións as ordenanzas

É por isto que o Grupo Municipal do BNG anuncia que presentarán alegacións ás propostas de ordenanzas fiscais se non se teñen en conta as súas achegas e se non se axustan aos principios de xustiza e equidade social, ou sexa que respondan ao criterio de que pague máis quen máis ten e que polo tanto os impostos se paguen en función da capacidade económica de cadaquén.

Ordenanzas: xustiza e equidade fiscal, que pague máis quen máis ten