AP-9

Por que nos seguen subindo o prezo da autopista?

Imaxe dunha das protestas en contra das peaxes na AP-9 organizadas por compañeiras e ccompañerios do BNG
Imaxe dunha das protestas en contra das peaxes na AP-9 organizadas por compañeiras e compañerios do BNG

Levaremos a Pleno unha moción contra a subida de peaxes na AP-9

Entre outras propostas, demandamos que o Pleno da corporación inste a Xunta de Galiza a que cumpra os acordos do Parlamento galego e demande do Goberno do Estado a transferencia da AP-9 á administración galega

Levamos demandando desde fai anos que se tomen medidas para que a AP-9 sexa unha vía de comunicación galega, de competencia do Goberno galego para rematar coas deficiencias da xestión, as tarifas abusivas e os incrementos constantes de peaxes. E o ano pasado, o Parlamento de Galiza, por unanimidade das forzas políticas, aprobou a 'Proposición de Lei  Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza', que foi remitida ao Congreso para a súa tramitación e aprobación final

Por que nos seguen subindo o prezo da autopista?

O noso Grupo Municipal levará ao Pleno ordinario de decembro, que se celebrara este vindeiro luns día 4, unha moción (podes descargala premendo aquí) contra a subida de peaxes na AP-9.

Deste xeito, e despois de se coñecer nesta semana que o Ministerio de Fomento autorizará un incremento dun 3,1% das tarifas para 2018 nas peaxes da AP-9, proposta formulada pola empresa Audasa, queremos que o Concello da Coruña tome o acordo en contra deste aumento, asemade de instar a Xunta de Galiza a que cumpra os acordos do Parlamento galego e demande do Goberno do Estado a transferencia de vez desta autoestrada á administración galega.

Na nosa iniciativa lembramos que a privatización da AP-9 no ano 2003, en beneficio dun fondo especulativo norteamericano, que goza da concesión ampliada até o ano 2048, e realizada baixo o Gobernos do PP, no Estado presidido Aznar, e respectivamente na Xunta, de Manuel Fraga, significou, desde entón, grandes incrementos das peaxes que outorgan grandes beneficios económicos por unha infraestrutura xa amortizada que non repercuten na mellora do servizo: non se mellorou a iluminación, nin se mellorou o asfaltado en moitos tramos, ou mesmo se reduciu drasticamente o persoal das cabinas de pago, ou se rexistran colas de horas en períodos estivais ou datas sinaladas sen se adoptaren medidas de ningún tipo.

Levamos demandando desde fai anos que se tomen medidas para que a AP-9 sexa unha vía de comunicación galega, de competencia do Goberno galego e de acceso gratuíto para todas as galegas e galegos. E o ano pasado, o Parlamento de Galiza, por unanimidade das forzas políticas, aprobou a 'Proposición de Lei  Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza', que foi remitida ao Congreso para a súa tramitación e aprobación final. É tempo xa de que se tome o control desta autoestrada para rematar coas deficiencias na súa xestión, as tarifas abusivas, os incrementos constantes e mesmo que sexa empregada como obxecto especulativo, dados os altos beneficios que xera a custe do peto das súas usuarias e dos seus usuarios.

A Coruña, 1 de decembro de 2017.

 

Noticias relacionadas:

Por que nos seguen subindo o prezo da autopista?