Non máis laios. "Con botarlle a culpa á empresa non chega. Actúen"

Avia OCero. 29.01
Avia Veira en Onda Cero Coruña este martes.

Avia Veira reclama ao goberno municipal que faga públicos os resultados da inspección que di que está a facer na maquinaria do servizo de recollida de lixo.

Non máis laios. "Con botarlle a culpa á empresa non chega. Actúen"

A concelleira nacionalista Avia Veira reclamou esta mañá ao goberno municipal da Marea unha actuación inmediata no conflito coa concesionaria do servizo de recollida do lixo. Diante das reiteradas queixas da responsábel municipal, María García, a portavoz do BNG advertiu: “con botarlle a culpa á empresa non chega, ao final hai un problema grave na cidade e o goberno municipal non pode estar de espectador. Actúen”. E, a continuación, demandou que a concelleira “faga públicos os resultados das inspeccións da maquinaria de recollida se é que as está facendo como di que está facendo”. 

 

Non máis laios. 

Durante un debate en Onda Cero, no espazo A Coruña en la onda, Veira chamou a atención sobre a insistencia dos concelleiros en eludir responsabilidades nos conflitos abertos na xestión municipal. “Debiades de pensar mellor este discurso que tedes de laiarvos por gobernar”, indicoulle á concelleira de Medio Ambiente en pleno debate sobre o conflito do lixo. “Evidentemente que entrastes no goberno cando vos presentastes ás eleccións e cadrou que había tres dos contratos máis cuantiosos por renovar e o mínimo que se lle pide a un goberno é facerse unha composición de lugar, coñecer que contratos caducan e cando, e que prazos hai que manexar... iso é o mínimo. Entendo que é unha cuestión de método de traballo.”

 

A CORUÑA EN LA ONDA (29/01/2019): https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/coruna/coruna-onda/a-coruna-en-la-onda-29012019_201901295c50532e0cf2ac87e9c7b216.html

Non máis laios. "Con botarlle a culpa á empresa non chega. Actúen"