No Ofimático demóstrase máis unha vez cal é a política urbanística do Partido Popular

Imaxe dunha das concentracións das e dos residentes do Ofimático
No Ofimático demóstrase máis unha vez cal é a política urbanística do Partido Popular

Prevalece o interese de facer negocio fronte á defensa do interese público xeral

Así se evidencia na ocupación de zona verde pública, no incumprimento da reserva mínima dotacional escolar e na eliminación da reserva do 50% para vivendas de protección pública

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego sinala que no Ofimático demóstrase máis unha vez cal é a política urbanística do Partido Popular, que é prevalecer o interese de facer negocio fronte á defensa do interese público xeral. Así se evidencia na ocupación de zona verde pública para introducir a edificabilidade que lle corresponde a Adif, no incumprimento da reserva mínima dotacional escolar e na eliminación da reserva  do 50% de aproveitamento residencial para vivendas de protección pública.

Imaxe dunha das concentracións das e dos residentes do Ofimático

Como xa aconteceu no PXOM, no que prevaleceron os intereses económicos por riba do interese público xeral e no que o Goberno do Sr. Negreira non só estimou alegacións dos promotores, senón que mesmo as mellorou, agora, coa modificación do Plan Parcial do Ofimático, o Goberno Local volve a xogar un rol de mero administrador encargado de xestionar intereses para facer negocio que nada teñen que ver coa defensa do interese público xeral.

E é que na modificación do Plan parcial do sector do Ofimático o Goberno municipal fai prevalecer o interese para facer negocio cando elimina a porcentaxe do 50% para vivenda de protección pública que está no vixente plan parcial, cando ocupa espazo verde púbico para que o Adif materialice a súa edificabilidade e así non ter que reparcelar de novo e cando non se acrecenta a reserva de espazo para dotación escolar, malia aumentar o aproveitamento urbanístico do sector.

No Ofimático demóstrase máis unha vez cal é a política urbanística do Partido Popular