No BNG cremos que COPASA debe estar ben contenta

No BNG cremos que COPASA debe estar ben contenta

Malia estar xa adxudicada a obra do aparcadoiro do oncolóxico, o Goberno Local modifica a licenza para acrecentar en máis de 100 o número de prazas, o que supón un incremento da execución das obras como mínimo en máis de medio millón de euros.

O Grupo Municipal do BNG sinala que malia estar adxudicada a obra do aparcadoiro do Oncolóxico a COPASA o pasado 30 de decembro de 2013 por 2.950.000 euros sen IVE, o Goberno Municipal modifica a licenza para que se acrecente en máis de 100 o número de prazas, o que supón un incremento da execución das obras como mínimo en máis de medio millón de euros, polo que COPASA debe estar ben contenta.

oncoloxico_2Así a Xunta de Goberno Local concedeu no día de hoxe á EMVSA un reformado da licenza de apertura do aparcadoiro público concedida no acordo da Xunta de Goberno Local de 13 de decembro de 2013 consentindo no aumento do número de prazas de aparcadoiro, que pasarán de 259 a 366 (107 prazas máis), así como concesión de licenza urbanística para ampliar a capacidade de prazas de aparcadoiro.

O expediente que foi a Xunta de Goberno Local recolle un orzamento de execución material da obra do aparcadoiro de 3.075.058,72 euros, cando no expediente de 13 de decembro de 2013 sinalaba que esta obra tiña un orzamento de execución material de 2.400.000 euros. Por tanto o custo do aparcadoiro será moito máis que a cantidade asignada á contratación das obras feitas a COPASA o pasado mes de decembro por un valor de 2.950.000 euros sen IVE.

No BNG sinalamos que o expediente non indica ningunha razón para este modificado. Tan só alude a que a modificación solicitada é para o cambio de disposición e pendentes dos forxados que permiten ampliar a capacidade de prazas de aparcadoiro.

No BNG lembramos que esta obra supera o orzamento total de EMVSA, que asume economicamente a construción ao 100% pola súa conta e risco malia a súa delicada situación económica. E é que a última memoria de xestión da empresa municipal puña de manifesto a necesidade de financiamento adicional e salientaba que a situación económica actual e as dificultades para acceder a financiamento estaban a xerar incerteza.

Para o BNG esta delicada situación económica resposta ás variadas xestións que lle encomenda a EMVSA o Goberno do Sr. Negreira.

No BNG cremos que COPASA debe estar ben contenta