LUZ VERDE ÁS INICIATIVAS SOBRE PARTICIPACIÓN E BONO TAXI

Nin PSOE nin PP apoiaron a moción do BNG para prohibir a construción de vivendas na contorna da Torre

20220505_100302
Nin PSOE nin PP apoiaron a moción coa que o BNG pretendía, vía modificación do PXOM de 2013, que se prohibise a construción de vivendas nas Durmideiras, na contorna da Torre de Hércules.
Nin PSOE nin PP apoiaron a moción do BNG para prohibir a construción de vivendas na contorna da Torre

Nin PSOE nin PP apoiaron a moción coa que o BNG pretendía, vía modificación do PXOM de 2013, que se prohibise a construción de vivendas nas Durmideiras, na contorna da Torre de Hércules.

O grupo socialista presentoulle unha emenda á iniciativa nacionalista, defendida no Pleno por Avia Veira. Mais o BNG non aceptou o texto do PSOE porque eludía o fondo da cuestión -a modificación do PXOM- e se limitaba a respaldar o plano especial da Torre xa en proceso de elaboración e que non garante a protección absoluta pois está vinculado a un planeamento xeral en que se contempla a transferencia de edificabilidade desde o Paseo Marítimo até Durmideiras.

De acordo co regulamento do Concello, primeiro someteuse a votación a emenda do PSOE. Ao ser aprobada esta, decaeu a moción do BNG. A emenda do PSOE foi rexeitada polo grupo municipal nacionalista, pola Marea Atlántica e pola concelleira non adscrita. O PP optou pola abstención, o que en termos políticos significa que, ao igual que o PSOE, non prestou apoio á proposta do BNG.

As mocións que si obtiveron o respaldo do Pleno foron aquelas nas que o BNG instaba o Goberno Local a que mellorase as políticas de transparencia e participación do Concello e a que aumentase os fondos dispoñíbeis para financiar o bono taxi destinado ás persoas con mobilidade reducida.

avia 5

No debate sobre a protección de Durmideiras, Avia Veira defendeu que o Goberno Local desistise da contratación da redacción do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do PE Q14 Torre de Hércules.

Este plan incorpora en teoría o pronunciamento unánime do Pleno do Concello cando en setembro de 2016 aprobou unha moción do BNG contraria a que se permitise a edificación en Durmideiras.

O problema é que no expediente de asistencia técnica para a elaboración deste Plan se recolle que se deben ter en conta “as previsións de aproveitamento urbanístico previsto polo PXOM", un planeamento que permitía a construción en Durmideiras. Hai, por tanto, unha contradición. “O lóxico sería primeiro modificar o PXOM e despois proceder a redactar o Plano Especial da Torre de Hércules”, arguíu Veira.

As mocións que si obtiveron o respaldo do Pleno foron as relativas á mellora das políticas de transparencia e participación e ao aumento do orzamento destinado ao bono taxi para persoas con mobilidade reducida. Aquela obtivo o apoio de PSOE, Marea Atlántica e a concelleira non adscrita (o PP abstívose), en tanto que esta concitou o apoio unánime da Corporación.

FJ 4

E como pensa o BNG que se poden mellorar as políticas de participación e transparencia? Pois, tal e como defendeu Francisco Jorquera, convocando os Consellos Municipais de Participación e constituíndo de inmediato o Consello Municipal de Cultura e o Consello Económico e Social. Alén diso, cómpre impulsar as consultas populares e asegurar o recoñecemento efectivo do dereito de acceso á información pública e á actividade municipal.

Canto ao bono taxi, a clave do asunto está en que, ao ter aumentado sensibelmente, o número de persoas beneficiarias das axudas, estas teñen descendido 45% per cápita no último ano.

É por iso que Avia Veira defendeu que aumentasen de forma nítida. “E non hai escusas para non o facer nunha cidade que destinou 400 mil euros á selección española de fútbol ou 50 mil ao Másterchef”, remarcou.

A moción pretendía tamén que se estabelecese a tarxeta moedeiro como método de pago do bono, sendo que moitas das persoas con mobilidade reducida teñen verdadeiras dificultades físicas para asinaren cheques sen axuda.

Igualmente, a iniciativa recollía unha proposta de AGAELA para que perante determinadas patoloxías, e en casos de beneficiarias de pensións de grande invalidez, non sempre o criterio de renda sexa eliminatorio para persoas cuxa única opción de transporte sexa o taxi.

 

 

Nin PSOE nin PP apoiaron a moción do BNG para prohibir a construción de vivendas na contorna da Torre