Negreira volve contratar o arquitecto do Conde de Fenosa para facer propaganda electoral

Negreira volve contratar o arquitecto do Conde de Fenosa para facer propaganda electoral

A Coruña, 17 de abril de 2015.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o Goberno do Sr. Negreira contrata, máis unha vez e por conta do erario público, o arquitecto Carlos Trabazo, coñecido polas súas actuacións no edificio Conde de Fenosa. Faino para lle dar forma aos power points das escaleiras mecánicas e elevadores (Plan de accesibilidade mediante elementos mecánicos do Concello da Coruña), ironizan as nacionalistas en relación ás presentacións dixitais utilizadas polo PP como soporte das eleccións municipais de 2011. E é que Carlos Trabazo forma parte do equipo redactor de Acadar Arquitectura e Ingeniería S.A., empresa que elaborou o plan de accesibilidade.

O Goberno do Sr. Negreira, denuncian as nacionalistas, vai facer propaganda mediante o sometemento a exposición pública, practicamente coincidindo coa campaña electoral, do documento aprobado hoxe en Xunta de Goberno Local. E isto, malia que o expediente ao que tivo acceso o BNG recoñece expresamente que é un documento interno do concello que se executará a través de orzamentos municipais cando haxa cartos. Así, o documento aprobado recolle de maneira expresa que “finalmente, debe señalarse que la aprobación de este plan no implica en este momento gasto alguno al Ayuntamiento” e que as actuacións se “concretarán a través de los presupuestos municipales en función de la disponibilidad económica”.

Na mesma liña, no expediente sinálase que “no obstante, el documento no constituye un marco normativo para el conjunto de los ciudadanos o empresas del municipio, sino unas posibles actuaciones e intervenciones en el marco de accesibilidad en las vías públicas”. Tamén se afirma que o documento é “un instrumento de planificación o programación interna del Ayuntamiento, a través de sus competencias en vías públicas, sin contenido a terceros ni constituir ninguna norma para el conjunto de los ciudadanos o empresas del municipio, a los que no afecta”. Trátase, polo tanto, “de una instrucción interna de planificación estratégica”. Na redacción do documento, ateigada de hipóteses, chega a afirmarse que o documento ten o valor “de unas posibles actuaciones e intervenciones en el marco de la accesibilidad”.

Negreira volve contratar o arquitecto do Conde de Fenosa para facer propaganda electoral