Levaremos ao Concello e ao Parlamento galego a supresión dunha aula de educación infantil no Salgado Torres

Reunión en María Pita coa ANPA do Salgado Torres
Reunión en María Pita coa ANPA do Salgado Torres
O BNG vai levar a María Pita e ao Parlamento galego o asunto da eliminación dunha praza de mestra de educación infantil no CEIP Salgado Torres. Ese foi o compromiso que adquiriron a concelleira Avia Veira e a deputada Mercedes Queixas na reunión que na tarde deste luns mantiveron coa ANPA dese centro público.
Levaremos ao Concello e ao Parlamento galego a supresión dunha aula de educación infantil no Salgado Torres

“Desde o BNG apoiamos absolutamente a reivindicación da ANPA do Salgado Torres. Este é o enésimo recorte que sofren. O ano pasado xa padeceron a eliminación das prazas das profesionais de audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica”, salienta Avia Veira.

A Xunta decidiu recortar unha aula e, por tanto, suprimir unha praza de mestra, porque para o próximo curso só se matricularon 24 alumnos e alumnas no cuarto curso de Educación Infantil. “Diante desta situación, que fai a Consellaría? No canto de repartir as 24 crianzas en dúas aulas vainas meter todas nunha soa, cunha única profesora, para así recortar unha praza no profesorado”, denuncia Avia Veira.

“Faino, alén do máis, en tempos de Covid, cando é obvio que se debería ir a desdobres de aulas para garantir a maior distancia de seguridade posíbel entre as crianzas”, argúe.

"No canto de repartir as 24 crianzas en dúas aulas vainas meter todas nunha soa, cunha única profesora, para así recortar unha praza no profesorado”, denuncia Avia Veira

A decisión da Consellaría é tamén, avalía a concelleira nacionalista, unha “barbaridade en termos de planificación” porque “é moi frecuente que ao longo do ano haxa novas matriculacións e, por tanto, pode ser perfectamente que se dea a situación de que nenas e nenos que precisen ir ao Salgado Torres se vexan finalmente obrigados a acudir a outro centro polo peche esa aula”.

 

 

Levaremos ao Concello e ao Parlamento galego a supresión dunha aula de educación infantil no Salgado Torres