O José Cornide, o CGAI e a Biblioteca de Estudos Locais, ao edificio do antigo Goberno Militar

O José Cornide, o CGAI e a Biblioteca de Estudos Locais, ao edificio do antigo Goberno Militar

A Coruña, a 16 de agosto de 2014. Logo de analizar o proxecto de restauración, rehabilitación e reestruturación parcial do edificio do antigo Goberno Militar, con adecuación para centro cívico municipal (http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?3eac0d88-5ac2-43c2-9afa-a8c33a91642c), que se atopa actualmente en fase de licitación, o Grupo Municipal do BNG quere denunciar que o Goberno Local oculta e silencia desde maio de 2014 a súa intención de trasladar a este edificio do antigo Goberno Militar da Rúa Veeduría o Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide, o Centro Galego de Artes e da Imaxe (CGAI) e a Biblioteca de Estudos locais, na actualidade ubicados no edificio número 10 da rúa Durán Loriga. Ao día de hoxe, o Goberno Local non deu ningunha explicación ao respecto destas intencións de traslado ao edificio do antigo Goberno Militar, que tamén se empregará como sede física de diversas academias, razón pola que as nacionalistas lle piden ao Sr. Negreira que dea conta destes cambios, pero tamén que explique que é o que vai pasar cos espazos que queden libres do edificio número 10 da Rúa Durán Loriga, logo de que se materialice o traslado que silencia o Goberno Local.

O que literalmente di o proxecto técnico de restauración, rehabilitación e reestruturación parcial do edificio do antigo Goberno Militar e oculta o Goberno Local desde maio de 2014

Con data de maio de 2014, a Memoria descritiva do proxecto, na parte relativa a Antecedentes, afirma literalmente o seguinte na súa páxina 4:

Ocupando una manzana completa que da frente a las calles Veeduría, Damas, Alfonso IX y Amargura, se alza en pleno centro de la Ciudad Vieja de A Coruña el edificio del antiguo Palacio de la Veeduría que, con titularidad más reciente del Ministerio de Defensa, tuvo un último uso como Gobierno Militar.

En años recientes fue objeto de cesión por el Ministerio de Defensa al Ministerio de C ultura, con la finalidad de crear en su interior el Centro Internacional de Recursos de la Cultura Europea (CIRCE).

Descartado posteriormente tal destino específico, el convenio de cesión entre el Ministerio de Cultura y el Ayuntamiento de A Coruña establece como condición que el inmueble sea destinado a uso cultural.

En la actualidad, el Ayuntamiento de A Coruña pretende materializar la implantación de dicho uso, destinando parte de él a sede del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide -que custodia el lega do de Salvador de Madariaga, con un arc hivo de 40.000 piezas-, al que acompañarán otros servicios e instituciones culturales, como el Centro Galego das Artes e da Imaxe (CGAI) y la Biblioteca de Estudios Locais- en la actualidad ubicados, al igual que aquel, en el número 10 de la calle Durán Loriga- . También albergará las sedes de diversas academias, completándose con un centro cívico municipal para la Ciudad Vieja, área urbana carente hoy de tal servicio, dicho centro cívico es el objeto de este proyecto.

Fracciónase o contrato para a execución das obras, dado que o que agora se aprobou só se refire a unha parte do edificio, cuxo financiamento é plurianual polo feito de que as obras non estaban previstas no orzamento de 2014

Ademais, logo de analizar a documentación da licitación, as nacionalistas sinalan que o contrato das obras de rehabilitación e reestruturación só se refire a unha parte do edificio, concretamente ao Pavillón Norte coa recuperación do patio interior afectado, dado que dos 3.800 metros cadrados de superficie construída e distribuída en catro plantas, só se rehabilitarán 897,55 metros cadrados, distribuídos entre a planta baixa (294,47 m2), a primeira (260,08 m2) e la segunda (343 m2). E o financiamento desta rehabilitación parcial é plurianual (200.000,00 mil euros no 2014, e 344.499,18 euros no 2015, IVE incluído), tendo en conta que as obras non estaban previstas no orzamento de 2014. De feito, o contrato impútase á conta 51.230.627.00, que corresponde a servizos sociais (proxectos complexos), que para este ano conta cun crédito de 400.000,00 euros.

O José Cornide, o CGAI e a Biblioteca de Estudos Locais, ao edificio do antigo Goberno Militar