ENCONTRO DO BNG CON DEFENSA DO COMÚN

Jorquera responsabiliza Feijóo do declive do porto por avalar o presidente da Autoridade Portuaria

Encontro BNG Defensa do Común

Feijóo é politicamente responsábel do declive do porto da Coruña -a nosa dársena perde posicións no tráfico de mercadorías mentres as gañan Vigo e Leixões- por ter nomeado no seu día o presidente da Autoridade Portuaria, cuxa xestión avala, afirmou esta mañá Francisco Jorquera, portavoz do BNG en María Pita.

Jorquera responsabiliza Feijóo do declive do porto por avalar o presidente da Autoridade Portuaria

Jorquera pronunciouse en tales termos durante o encontro que o BNG mantivo -no miradoiro das Ánimas, no Paseo Marítimo- con integrantes de Defensa do Común, o colectivo cidadá que pelexa pola restitución ao Concello da Coruña, e de forma gratuíta, das propiedades en desuso do Estado na nosa cidade. O voceiro do grupo municipal nacionalista estivo acompañado por Xosé Luís Rivas 'Mini' e Mercedes Queixas, números 2 e 3 da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña, e pola concelleira Avia Veira. Na reunión participou, entre os membros de Defensa do Común, o presidente da Asociación de Veciños da Cidade Vella, Pedro Fernández Roque

"Concordamos plenamente con Defensa do Común en que os terreos desafectados do Estado non sexan pasto da especulación e revertan na cidade en beneficio do interese xeral", dixo Jorquera. "En particular foi obxecto de tratamento nesta reunión o futuro do porto da Coruña. Falamos dun porto de interese xeral, mais ao presidente da Autoridade Portuaria noméao a Xunta de Galiza. E o BNG, así llo trasladamos a Defensa do Común, e niso houbo plena coincidencia, aposta por un porto vivo, por un porto produtivo. Este porto está a perder tráfico, ten aínda sen resolver o acceso ferroviario á dársena exterior e sobre el pesa a espada de Damocles dunha débeda de 300 millóns de euros que se pretende saldar especulando cos terreos portuarios no canto de ser asumida polo Estado como se fixo en Valéncia...", relatou o voceiro nacionalista. 

Encontro-BNG Defensa do Común 2"Se lideramos o goberno deste país, e en relación co porto da Coruña, o primeiro que faremos será destituír o presidente da Autoridade Portuaria", anunciou, "porque a súa xestión foi desastrosa. É o responsábel dun sobrecusto de 600 millóns de euros nas obras do porto exterior e é o responsábel do declive deste porto". "Esixiremos tamén ao Estado que asuma a débeda que conlevou a construción do porto exterior e que os terreos do porto interior que fiquen en desuso revirtan na cidade no ben común", engadiu.

"Quero lembrar que o convenio de 2004 entre o Concello da Coruña, o Estado e a Xunta, o que abre a billa a que se poda dar unha pelotada urbanística, foi suscrito naquela altura por Alberto Núñez Feijóo na súa calidade de conselleiro de Política Territorial", salientou Jorquera.

BNG e Defensa do Común concordaron en dar a palabra á veciñanza da Coruña coa realización dunha consulta popular sobre o deseño da futura fachada marítiam.

Jorquera responsabiliza Feijóo do declive do porto por avalar o presidente da Autoridade Portuaria