O blog de Jorquera muda de imaxe e incorpora novos contidos

Capa blog Jorquera
Desde este sábado está xa na rede unha versión totalmente remozada do blog do noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera.
O blog de Jorquera muda de imaxe e incorpora novos contidos

Cun deseño moi limpo dominado por un fondo branco, jorquera.gal reúne distintos textos da autoría de Jorquera, desde colaboracións coa imprensa até intervencións no pleno ou en actos públicos.

Na estrea desta nova época da súa bitácora, o portavoz nacionalista publica un texto en que saúda o feito de Emalcsa asumir “Augas da Coruña” como marca comercial –un evidente paso adiante na normalización lingüística, produto do impulso do BNG- e, ao tempo, asina unha outra peza sobre as xestións feitas (máis ben non feitas) pola alcaldesa en relación a empresas coruñesas en risco de fechamento (Alu Ibérica) ou deslocalización a Madrid (o centro de control operativo de Naturgy na Avenida de Arteixo).

O blog do noso voceiro inclúe un breve apuntamento autobiográfico –“gosto do mar, da lectura, do cinema e da boa música. Son nacionalista por convicción e necesidade, porque na Galiza ser nacionalista é unha cuestión de supervivencia como país”- e un formulario para entrar en contacto co BNG coruñés.

O blog de Jorquera muda de imaxe e incorpora novos contidos