NOVA ACCIÓN DE PROTESTA CONTRA O ERTE A UN TERZO DO PERSOAL

Jorquera marcha coas traballadoras e traballadores da Refinaría

Jorquera marcha cos traballadores da Refinaría

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, marchou esta tarde, canda as traballadoras e os traballadores da Refinaría de Repsol, nun percorrido que, iniciado e concluído nas instalacións industriais da empresa, transitou polo polígono de Agrela até completar un circuíto duns cinco quilómetros.

Jorquera marcha coas traballadoras e traballadores da Refinaría

Con esta mobilización, o persoal da Refinaría -que coreou cánticos como "este ERTE é unha estafa" e "mans arriba, este é un atraco"- protestaba contra a decisión da empresa de abrir un expediente de regulación temporal de emprego que atinxiría un terzo das e dos traballadores (en concreto, 212 operarios).

Sobre este asunto, o BNG xa ten rexistrado diversas iniciativas -unha proposición non de lei, alén de preguntas escritas- instando a Xunta a facer xestións co propósito de que Repsol retire o ERTE. 

Naturgy

Para o BNG, este ERTE é unha agresión aos dereitos das e dos traballadores que non ten ningunha xustificación económica, tendo en conta que a compañía está a obter beneficios mesmo durante a pandemia.

Jorquera marcha coas traballadoras e traballadores da Refinaría