ROGO ORAL PARA O PLENO DO PRÓXIMO 10M

Jorquera pídelle ao Goberno Local que teña en conta o persoal á hora de licitar o novo contrato dos servizos do Fórum

Forum

É unha nova iniciativa de Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Concello. Trátase dun rogo oral -para a súa lectura no Pleno do próximo 10 de marzo- por medio do cal insta o Goberno Local a que teña en conta o persoal dos servizos complementares do Fórum Metropolitano á hora de elaborar os pregos do novo contrato destas prestacións do equipamento de titularidade municipal.

Jorquera pídelle ao Goberno Local que teña en conta o persoal á hora de licitar o novo contrato dos servizos do Fórum

Jorquera pídelle ao Goberno Local que á hora de elaborar o progreso de condicións técnicas do novo contrato "se reúna coas persoas traballadoras" dos servizos complementares do Fórum Metropolitano co "obxecto de escoitar e ter en conta as súas propostas e suxestións".

Na exposición de motivos desta iniciativa, o voceiro nacionalista remarca que o actual contrato dos servizos complementarES do Fórum foi prorrogado na Xunta de Goberno Local realizada o pasado 16 de febreiro.

O contrato foi adxudicado en 2018 e, segundo as súas cláusulas, podería, mediante prórrogas anuais, chegar até 2024. 

Para o BNG, é necesario que o Goberno Local, antes de elaborar as bases do novo contrato, teña unha troca de impresións co persoal do servizo.

Jorquera pídelle ao Goberno Local que teña en conta o persoal á hora de licitar o novo contrato dos servizos do Fórum