Sen informes para a Renda Social Municipal

Sen informes para a Renda Social Municipal

A Coruña, 4 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG sinala que, logo de solicitar o acceso aos informes de Intervención e de Asesoría Xurídica a respecto do Proxecto de ordenanza reguladora da Renda Social Municipal, o Goberno Municipal da Marea Atlántica recoñeceu na súa contestación (achégase dixitalizada) que non existen tales informes.

O BNG sinala que o Goberno municipal recoñece nunha contestación que carece dos informes de Intervención e da Asesoría Xurídica e que o único informe co que conta a Renda Social Municipal é o que estabelece o custo económico da súa implantación

As nacionalistas sinalan que tamén solicitaron o acceso aos informes das/os técnicas/os dos Servizos Sociais Municipais mais o Goberno local indica na súa contestación que tampouco existen e que o único informe co que conta este proxecto de ordenanza é un de carácter económico que recolle os custos de implantación da RSM.

O Bloque sinala que o lóxico tería sido facer público o Proxecto de ordenanza reguladora da Renda Social Municipal xunto cos informes da Asesoría Xurídica que avalen a súa legalidade, da Intervención para avalar a súa viabilidade económica e das/os técnicas/os dos Servizos Sociais Municipais para dar conta da súa idoneidade.

As nacionalistas anuncian que mañá celebrarán no seu local comarcal ás 20:00 h unha Asemblea aberta para tratar o Proxecto de Ordenanza reguladora da Renda Social Municipal

“Demandamos que existan todos estes informes para evitar que os debates que se produzan por parte da oposición e das entidades sociais poidan ser en balde e que as achegas se poidan elaborar con rigor e seguridade”, manifesta Avia Veira.

asemblea_aberta_rsmAsemade, o Bloque da Coruña sinala que mañá, xoves 5 de novembro ás 20 h, celebrará no seu local comarcal (rolda de Outeiro, 62, entrechán) unha Asemblea aberta para falar do Proxecto de ordenanza reguladora da Renda Social Municipal.

Sen informes para a Renda Social Municipal