O Grupo Municipal do BNG participou esta mañá das actividades organizadas pola FEGEREC

Avia Veira con responsábeis da FEGEREC
O Grupo Municipal do BNG participou esta mañá das actividades organizadas pola FEGEREC

A Coruña, 29 de febreiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG realizou unha visita esta mañá á mesa informativa instalada pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas na zona do Obelisco co gallo da celebración do Día Mundial das enfermidades raras.

Avia Veira visitou a media mañá a mesa informativa que estará instalada durante todo o día na zona do Obelisco 

Avia Veira con responsábeis da FEGEREC

O BNG trasladou nesta visita o seu apoio á Federación e aos programas de atención específica que desenvolven as distintas entidades de doenzas pouco frecuentes e a necesidade de que as administracións aposten pola posta en marcha de actividades de coñecemento e sensibilización sobre a realidade destas doenzas en colaboración coas propias entidades de doentes e familiares.

“Tamén no BNG entendemos como fundamental que se establezan criterios de equidade nos dereitos sociais básicos das persoas doentes e as súas familias e que se facilite o máximo posíbel a atención sociosanitaria e o acceso a recursos para pacientes que padecen unha enfermidade rara e a tratamentos, terapias e medicamentos necesarios para a abordaxe da súa doenza” afirmou Avia Veira.

O Bloque, por último, convida á veciñanza a achegarse ás distintas mesas que ao longo do día de hoxe van a colocarse en distintos puntos da cidade e a participar ao “flashmob” que está organizado na Torre de Hércules para as 21.00 h e que vai ser iluminada coas cores da FEGEREC.

O Grupo Municipal do BNG participou esta mañá das actividades organizadas pola FEGEREC