O Grupo de Barrio do BNG en Monte Alto e Galiza Nova homenaxean a Pedro Galán Calvete

O Grupo de Barrio do BNG en Monte Alto e Galiza Nova homenaxean a Pedro Galán Calvete

A Coruña, 14 de setembro de 2012.- O Grupo de Barrio do BNG en Monte Alto e Galiza Nova celebran mañá, sábado, a tradicional homenaxe a Pedro Galán Calvete, Secretario de Organización das Mocidades Galeguistas da Coruña (A Coruña, 1917-A Corveira, 1936), asasinado a mans dos franquistas con tan só 19 anos.

Nesta ocasión, a homenaxe comezará ás 11.30h na Praza de María Pita, fronte ao edificio que acolleu as Escolas de Ensino Primario en Galego, dirixidas por Ánxel Casal. Continuará ás 12.30h no cemiterio de Santo Amaro, cunha ofrenda floral.

Mañá sábado, ás 11.30h na Praza de María Pita, e ás 12.30, no cemiterio de Santo Amaro

O acto contará coas intervencións de Daniel García, responsábel comarcal de Galiza Nova, Alba Sánchez, responsábel local de Galiza Nova, Pilar García Negro, ex parlamentar do BNG, profesora da UdC e escritora, Pedro Galán Horro, sobriño do homenaxeado, e Suso Bermello, candidato do BNG ao Parlamento galego pola Coruña.

O Grupo de Barrio do BNG en Monte Alto e Galiza Nova homenaxean a Pedro Galán Calvete