O Goberno municipal incumple os acordos que toma o Pleno 16 días despois

O Goberno municipal incumple os acordos que toma o Pleno 16 días despois

A Coruña, 30 de setembro de 2015.- Nunha rolda de prensa, que tivo lugar esta mañá, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego fixo pública a súa postura acerca da proposta do Goberno da Marea Atlántica, que será tratada mañá na Comision de Rexeneración Urbana, de mudar os usos da parcela onde está situado o mercado de Santa Lucía.

O BNG denuncia que o Goberno municipal incumpre a moción aprobada no pasado pleno sobre o Mercado de Santa Lucía ao propoñer o cambio de usos da parcela a equipamento para continxencia

O Bloque da Coruña denuncia, así, que o Goberno municipal está a incumprir a moción aprobada no pasado pleno ao propoñer o cambio de usos da parcela a equipamento de continxencia no canto de aplicar o que literalmente se propuxo e aprobou o pasado luns, 14 de setembro, en Pleno: “De acordo co estabelecido nas Normas urbanísticas do PXOM que regulan os usos dotacionais dos equipamentos públicos e co artigo 47.4 da LOUG, iniciar os trámites necesarios para acordar a mudanza de usos da parcela onde está situado o mercado de Santa Lucía, actualmente cualificada como “Equipamento público” destinada a uso dotacional para “Abastecemento” para destinala a uso mixto para “Abastecemento” e “Sanitario”.”

As nacionalistas sinalan que é incomprensíbel que o Goberno Muncipal se salte o aprobado por eles mesmos en Pleno hai tan só dezaseis días a través dunha moción, que foi emendada pola propia Marea Atlántica noutros puntos do acordo. “Chama a nosa atención que no informe-proposta que se leva a comisión se obvie como antecedente que hai aprobada unha moción que trata nun dos seus puntos o cambio de usos da parcela onde está situado o Mercado de Santa Lucía mais noutro sentido. Se cadra no informe non se fala da moción aprobada no Pleno, porque propón saltarse abertamente o seu punto quinto”, sinalou a concelleira nacionalista Avia Veira.

As nacionalistas sinalan que na moción presentada e mesmo transaccionada pola Marea Atlántica noutros puntos, propoñíase, e así foi aprobado no Pleno, literalmente: “De acordo co estabelecido nas Normas urbanísticas do PXOM que regulan os usos dotacionais dos equipamentos públicos e co artigo 47.4 da LOUG, iniciar os trámites necesarios para acordar a mudanza de usos da parcela onde está situado o mercado de Santa Lucía, actualmente cualificada como “Equipamento público” destinada a uso dotacional para “Abastecemento” para destinala a uso mixto para “Abastecemento” e “Sanitario”.”

rolda_usos_santa_lucia_2O Bloque Nacionalista Galego alerta asemade que con esta proposta do Goberno municipal de mudanza de usos da parcela está a poñerse en perigo o mantemento de Santa Lucía como mercado e polo tanto o mantemento da súa actividade económica orixinaria pois no informe-proposta indícase literalmente que “a proximidade dos mercados municipais da Praza de Lugo e de Ramón Cabanillas, que fornecen á poboación da zona deste tipo de servizos básicos, permiten propoñer un cambio de uso para o edificio do mercado de Santa Lucía de xeito tal que admita o desenvolvemento doutro tipo de actividades de equipamento público que se consideren máis necesarios para a zona (…)”

A concelleira nacionalista fixo referencia na rolda de prensa ás normas urbanísticas do PXOM que recollen que o uso dotacional de continxencia resulta ser unha especie de caixón de xastre para usos dotacionais múltiples e sinalou tamén que non sería desexábel que con Santa Lucía acontecese o mesmo que co mercado de Elviña, cualificado no PXOM como continxencia, onde existen diferentes estabelecementos que nese caso concreto compiten coa propia actividade do mercado municipal.

Polo contra, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Coruña defende, e sempre defendeu, que no Mercado Municipal de Santa Lucía se manteña a súa actividade económica orixinaria e que a maiores se poida integrar o centro de saúde, tan demandado pola poboación do barrio como polas/os propias/os praceiras/os por constituír un reclamo que revitalizaría a actividade do mercado, motivo polo cal foi presentada a moción no pasado Pleno.

O Goberno municipal incumple os acordos que toma o Pleno 16 días despois