O Goberno Local debeu botar mal as contas porque non puido colocar a todos os seus

O Goberno Local debeu botar mal as contas porque non puido colocar a todos os seus

A Coruña, 18 de setembro de 2014.- O Goberno Local debeu botar mal as contas porque non puido colocar a todos os seus, a través das xefaturas de servizo polo procedemento de libre designación, antes da entrada en vigor da Lei 15/2014. E é que desde hoxe, coa entrada en vigor da Lei de racionalización do Sector Público, aplícase a nova redacción do art. 84.3 da Lei 7/2007, polo que as persoas funcionarias procedentes doutras administracións ás que se lles adxudique un posto por libre designación, no caso de seren cesadas, terán que voltar ás súas administracións de procedencia, dado que o concello non está obrigado a adxudicarlles outro posto, a diferenza do que acontece con aquelas ás que se lles adxudicou un posto por libre designación antes da entrada en vigor da nova lei. Concretamente a nova redacción do art. 84.3 atinxe á convocatoria de varios postos de xefe de servizo de libre designación (Planeamento e Xestión do Solo; de Museos Científicos; de Informática Municipal; e de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico) publicada no DOG de 1 de setembro e que hoxe remata o prazo de presentación de solicitudes.

O Grupo Municipal do BNG sinala que de acordo coa disposición transitoria novena da Lei 15/2014, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa, que foi publicada onte no BOE, aquelas persoas funcionarias procedentes doutras administracións ás que lle fosen adxudicadas os seus postos polo procedemento de libre designación antes de hoxe, día que entra en vigor a lei, no caso de que sexan cesadas, permanecerán na administración de destino, é dicir, no Concello da Coruña, o cal teralles que asignar outro posto. Así a convocatoria que se resolveu e publicou no Diario Oficial de Galiza o pasado 10 de setembro, e que atinxía os postos de xefe do servizo de Persoal, xefe do servizo de Interior, xefe do servizo de Orzamentos e Estudos Económicos, xefe do servizo de Mobilidade Urbana, xefe do servizo de Acción Social, xefe do servizo de Xestión Tributaria, xefe do servizo de Emprego e Empresa, xefe do departamento de Control Financeiro, oficial de Prevención Municipal, policía de Prevención Municipal e asistente de Alcaldía, ten como consecuencia que se as persoas ás que se lles adxudicou ditos postos proceden doutra administración (como é o caso da nova xefa de servizo de Persoal, Mónica Iglesias ou a nova xefa de Emprego e Empresa e vicesecretaria de Benestar do PP na Coruña, Pilar Fernández Maroño), e son cesadas, o Concello está na obriga de asignarlles outro posto dentro da casa.

Mais coa entrada en vigor hoxe da Lei 15/2014, os postos por libre designación que se adxudiquen desde hoxe a persoas funcionarias procedentes doutras administracións, no caso de que fosen cesadas, o Concello da Coruña non está obrigado a adxudicarlles outro posto, polo que pode resolver que teñan que volver ás súas administracións de procedencia. Isto último é o caso da convocatoria dos postos de libre designación que se publicou no DOG o pasado 1 de setembro (para os postos de xefe de servizo de Planeamento e Xestión do Solo, xefe de servizo de Museos Científicos, xefe de servizo de Informática Municipal e xefe de servizo de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico) e que aínda non foron adxudicados. Precisamente hoxe mesmo, sinalan as nacionalistas, rematou o prazo de presentación de solicitudes, pola cal estes postos non serán asignados como mínimo até mañá, é dicir, despois da entrada en vigor da Lei, e por tanto xa é de aplicación a nova redacción do art. 84.3 da Lei 7/2007 que concretamente di:

«Artículo 84. La movilidad voluntaria entre Administraciones Públicas.

(…)

3. Los funcionarios de carrera que obtengan destino en otra Administración Pública a través de los procedimientos de movilidad quedarán respecto de su Administración de origen en la situación administrativa de servicio en otras Administraciones Públicas. En los supuestos de remoción o supresión del puesto de trabajo obtenido por concurso, permanecerán en la Administración de destino, que deberá asignarles un puesto de trabajo conforme a los sistemas de carrera y provisión de puestos vigentes en dicha Administración.

 En el supuesto de cese del puesto obtenido por libre designación, la Administración de destino, en el plazo máximo de un mes a contar desde el día siguiente al del cese, podrá acordar la adscripción del funcionario a otro puesto de la misma o le comunicará que no va a hacer efectiva dicha adscripción. En todo caso, durante este periodo se entenderá que continúa a todos los efectos en servicio activo en dicha Administración.

Transcurrido el plazo citado sin que se hubiera acordado su adscripción a otro puesto, o recibida la comunicación de que la misma no va a hacerse efectiva, el funcionario deberá solicitar en el plazo máximo de un mes el reingreso al servicio activo en su Administración de origen, la cual deberá asignarle un puesto de trabajo conforme a los sistemas de carrera y provisión de puestos vigentes en dicha Administración, con efectos económicos y administrativos desde la fecha en que se hubiera solicitado el reingreso.

De no solicitarse el reingreso al servicio activo en el plazo indicado será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria por interés particular, con efectos desde el día siguiente a que hubiesen cesado en el servicio activo en la Administración de destino.»

O Goberno Local debeu botar mal as contas porque non puido colocar a todos os seus