REMUNICIPALIZACIÓN DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

O futuro das traballadoras e dos traballadores das bibliotecas municipais no aire

Vista exterior da biblioteca municipal da Sagrada Familia
Vista exterior da biblioteca municipal da Sagrada Familia

Dubidamos que o Executivo Local teña claro que a prioridade no proceso de remunicipilación das bibliotecas sexan as e os traballadores

Segundo a propia valoración do Comité de Empresa de Eulen o cadro de persoal das bibliotecas non ten garantido os seus dereitos laborais adquiridos no proceso iniciado polo Goberno Municipal

Levamos máis dun ano a voltas con esta situación; por acción ou omisión, máis polo último, o Goberno da Marea chegou a un momento de incerteza para co plantel que dubidamos poida incluso resolverse no presente mandato. Cremos sinceramente que o proceso de remunicipalizacion terá que rematalo o Goberno Municipal seguinte o que amosa a política de fume e foguetes que se desenvolve desde María Pita

O futuro das traballadoras e dos traballadores das bibliotecas municipais no aire

Vimos de poñer en dúbida que o Executivo Local teña claro que a prioridade no proceso de remunicipilación das bibliotecas sexan as e os traballadores.

E é que despois de acceder á valoración do Comité de Empresa que este realizou do prego de condicións que presenta o Goberno Municipal no proceso de remunicipalizacion deste servizo, consideramos que tal e como se formula non se garante os dereitos das e dos traballadores, sobre todo no que ten que a ver co dereito adquirido da antigüidade no tempo de traballado ou o respecto da categoría laboral na subrogación dos contratos ou incluso, mesmo, a propia subrogación nalgún caso.

Entendemos que o cadro de persoal das bibliotecas, segundo a propia valoración as e os representantes das e dos traballadores de Eulen, non ten garantido os seus dereitos laborais adquiridos no proceso iniciado polo Goberno Municipal. Esta é outra demostración máis de que toda a propaganda que a Marea Atlántica despregou durante a campaña electoral e durante todo o que vai de mandato a respecto das remunicipalizacións e da defensa do público diante do privado non era máis que iso, propaganda e máis propaganda.

Neste sentido xa avanzamos que levaremos para ao próximo Pleno de setembro unha pregunta oral para que o propio alcalde aclare que se pretende facer, como e mesmo prazos, xa que tal e como está redactado o prego se intúe que o proceso para que o servizo pase a ser municipal e pase a ser xestionado por EMVSA necesitará dun período superior ao que queda de mandato, algo que para nós é síntoma do continúo alongamento na toma de decisións que caracteriza ao Goberno Local, máis que  inaceptábel neste caso xa que estamos a falar de máis de 70 familias que viven nunha incerteza desde hai xa 15 meses.

Levamos máis dun ano a voltas con esta situación; por acción ou omisión, máis polo último, o Goberno da Marea chegou a un momento de incerteza para co plantel que dubidamos poida incluso resolverse no presente mandato. Cremos sinceramente que o proceso de remunicipalizacion terá que rematalo o Goberno Municipal seguinte o que amosa a política de fume e foguetes que se desenvolve desde María Pita. Estamos mesmo querendo interpretar cal e a intención do Goberno Municipal: se pretende isto último, síntoma inequívoco da pésima xestión realizada desde o anuncio do proceso de remunicipalización, e deixarlle un agasallo envelenado ao próximo executivo local, ou, e isto sería de todo intolerábel, realizar, pola porta de atrás unha redución do cadro de persoal, unha mingua dos dereitos laborais adquiridos e unha precarización das e dos traballadores das bibliotecas municipais. Cremos máis que necesario que sexa o propio alcalde o que dea explicación pública en Pleno de que se pretende facer co servizo e coas e cos traballadores.

 

A Coruña, 26 de agosto de 2017.

O futuro das traballadoras e dos traballadores das bibliotecas municipais no aire