APÓS AS XESTIÓNS FEITAS POLO NOSO VOCEIRO

Froito do impulso do BNG, os grupos acordan unha moción conxunta sobre a situación dos Mallos

Os Mallos
Os Mallos
A proposta lanzada hai uns días polo BNG –que os distintos grupos municipais acordasen unha moción conxunta sobre a situación que se está a vivir nos Mallos- chegou a bon porto e será debatida no Pleno deste xoves 7O.
Froito do impulso do BNG, os grupos acordan unha moción conxunta sobre a situación dos Mallos

“Celebramos que se puidese alcanzar un acordo entre os distintos grupos. Pensamos que era o que agardaba a veciñanza e por iso tomamos a iniciativa e dirixímonos ao resto de forzas políticas. Acordamos un texto que, coido, dá respostas ás demandas e inquedanzas das veciñas e veciños dos Mallos”, di o portavoz do BNG, Francisco Jorquera.

Foi o propio Jorquera quen o pasado 24 de setembro se puxo en contacto coas voceiras dos outros grupos municipais para lles propor a redacción dunha moción conxunta.

Xa o pasado mércores, o portavoz nacionalista deulle traslado ao resto de forzas políticas con presenza en María Pita dun borrador de moción. A partir dese texto chegouse a unha redacción definitiva, con achegas dos distintos grupos.

Foi o propio Jorquera quen o pasado 24 de setembro se puxo en contacto coas voceiras dos outros grupos municipais para lles propor a redacción dunha moción conxunta.

“A veciñanza dos Mallos agradece esta resposta urxente, esta resposta unitaria por parte de toda a Corporación para facer fronte aos problemas do barrio”, considera Jorquera.

“Nos Mallos hai gromos de delincuencia que é necesario atallar para protexer a seguridade da veciñanza e preservar a convivencia social que sempre houbo neste barrio. Mais nos Mallos hai tamén que facer fronte a outras necesidades, en materia de urbanismo, vivenda, impulso das políticas sociais, dinamización socio-cultural, potenciación do pequeno comecio... E a todas estas necesidade pretende dar resposta esta moción conxunta”, engade o voceiro nacionalista.

“Nos Mallos hai gromos de delincuencia que é necesario atallar para protexer a seguridade da veciñanza e preservar a convivencia social que sempre houbo neste barrio. Mais nos Mallos hai tamén que facer fronte a outras necesidades"

Desde un principio, o BNG apostou por unha abordaxe integral dos problemas dos Mallos. Trátase de enfrontar o fenómeno obxectivo da inseguridade –vinculado á invasión de moradas con fins delituosos-, mais tamén de lidar con cuestións como a necesaria rexeneración e humanización do barrio, o acceso a unha vivenda digna a prezos raboábeis ou a posta en andamento de medidas que melloren a mobilidade e a conectividade –con máis servizos do transporte urbano- desta zona da cidade.

A necesaria rexeneración do barrio ten de pasar pola posta en valor da alta porcentaxe de baixos baleiros que existen nesta área da cidade, coa creación dun banco de locais desocupados que se oferten a aluguer a un prezo taxado.

E como parte da aposta a prol dunha política que garanta o dereito a acceder a unha morada digna e a prezos asumíbeis, fai falta tamén fomentar a captación de persoas residentes universitarias a través da oferta de vivenda en réxime de aluguer, coa mellora da conectividade cos campus universitario.

Rexeneración, humanización, políticas de vivenda e, tamén, accións que incrementen a oferta socio-cultural, o reforzo dos programas contra a exclusión social e a mellora da mobilidade, con especial destaque para as conexións do transporte urbano co resto dos barrios da Coruña. Estes, alén do combate aos fenómenos delituosos, son os trazos básicos desta moción conxunta impulsada polo BNG.

 

Froito do impulso do BNG, os grupos acordan unha moción conxunta sobre a situación dos Mallos