A fraude do Plano de Mobilidade do Goberno Municipal

A fraude do Plano de Mobilidade do Goberno Municipal

O BNG insiste na fraude da campaña “o PMUS barrio a barrio” dado que a concellaría de mobilidade non ten articulado ningún mecanismo de inclusión no plan das suxestións realizadas polo pobo coruñés

Atasco en ambos sentidos en Alfonso Molina.

O Grupo Municipal do BNG insiste en que a campaña do “PMUS barrio a barrio” anunciada pola Concellaría de Mobilidade esta mañá é unha fraude ao pobo coruñés pois a propia responsábel, Begoña Freire recoñeceulle ao BNG na presentación do plan á oposición que non se tiña articulado ningún mecanismo de inclusión das suxestións realizadas pola cidadanía no Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel.

«A edil de Mobilidade pode seguir repetindo até a saciedade que se trata dun documento vivo e participativo mais non por iso vai facerse realidade xa que o BNG lle realizou no pleno do mes de abril unha pregunta oral na que  preguntamos como tiñan pensado introducir dentro do PMUS as observacións realizadas polo pobo coruñés e non obtivemos resposta ningunha da Sr. Freire», lembra o BNG.

O BNG considera que o proceso tiña que terse levado a cabo doutro xeito xa que primeiro se tiña que ter realizado a diagnose, que se lle tiña que ter presentado ás entidades da cidade para que puidesen realizar as observacións oportunas. Para o BNG da Coruña, logo de ter unha diagnose consensuada, habería que realizar o Plan man a man coas diferentes entidades veciñais e sociais e tiña que terse sometido a un proceso de información pública antes de pechalo.

A fraude do Plano de Mobilidade do Goberno Municipal