DENUNCIA DO BNG

Os Franco tiran bens da Casa Cornide diante da posibilidade de perderen tamén este inmóbel

Furgoneta no garaxe da Casa Cornide

O BNG denuncia que os Franco están a levar os bens que se atopan no interior da Casa Cornide, tal e como tentaran facer no Pazo de Meirás.

L

Os Franco tiran bens da Casa Cornide diante da posibilidade de perderen tamén este inmóbel

Durante esta mañá, a organización nacionalista foi advertida por veciñas/os que se atopaban na Cidade Vella da presenza dunha furgoneta diante do palacete e de que estaban a cargar o vehículo con bens que se atopan no interior da casa.

Para o Bloque isto é un síntoma de que os Franco queren evitar que pase o que en Meirás: que se faga un inventario do que contén a Casa Cornide para evitar que o leven de alí.

É por iso que a organización nacionalista urxe o Goberno Local a formalizar a demanda para que o palacete volva ao pobo da Coruña e a solicitar que se faga un inventario do que se atopa dentro para evitar calquera tentativa de saqueo.

Os Franco tiran bens da Casa Cornide diante da posibilidade de perderen tamén este inmóbel