Fomento insiste en promover a especulación inmobiliaria no Porto

Fomento insiste en promover a especulación inmobiliaria no Porto

A Coruña, 15 de setembro de 2015.- Ante o anuncio do Ministerio de Fomento, que hoxe recollen os medios de comunicación, da futura venda dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, o Grupo Municipal do BNG advirte, de novo, e tal e como fixo en ocasións anteriores, que os terreos dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo non poden ser vendidos mentres sigan formando parte do dominio público-portuario.

O BNG lembra que os peiraos de Bateria e Calvo Sotelo no poden ser vendidos mentres non sexan desafectados

Asemade, as nacionalistas lembran que a actual delimitación de espazos e usos do porto da Coruña son froito da modificación substancial do Plan de utilización de espazos portuarios (PUEP) amparado pola filosofía das grandes operacións inmobiliarias, contempladas no propio PXOM aprobado no anterior mandato. Compre pois, combatelas no actual porque non está pensada nos intereses da cidade, senón nos intereses urbanísticos e económicos da propia Autoridade Portuaria e dos grandes promotores coa venda de terreos e a construción de edificios, mesmo coa posibilidade de facer uso de determinados edificios históricos en desuso para uso hoteleiro e comercial.

As nacionalistas advirten que, se as administracións públicas implicadas non actúan, os terreos van ser obxecto de intereses urbanísticos e económicos da propia Autoridade Portuaria e dos grandes promotores coa venda de terreos para a construción de edificios

As nacionalista lembran que o lóxico tería sido que o financiamento do porto exterior debera ir a cargo dos orzamentos xerais do estado e non a través de operacións urbanísticas que so van beneficiar intereses privados, amparando políticas opacas e primando os interese duns poucos promotores por riba dos intereses da cidade e da veciñanza da Coruña.

O Grupo Municipal do BNG volve insistir, como xa fixo o ano pasado, en denunciar que os espazos e usos do Porto non están pensados para os intereses da veciñanza da Coruña, senón para facer caixa con operacións inmobiliarias

A concelleira nacionalista, Avia Veira, insiste en considerar esta venda, de se producir, nunha operación especulativa promovida polo Goberno do Estado e a Autoridade Portuaria, e indica que chama a atención que esta operación se faga agora, para a construción de vivendas e rañaceos, nunha cidade onde hai máis de 20.000 vivendas baleiras, facéndoo ás presas, ao remate da lexislatura e hipotecando o uso duns espazos vitais que abrirían á cidade ao mar e á veciñanza da Coruña.

Fomento insiste en promover a especulación inmobiliaria no Porto