Falamos coa Agrupación Astronómica Ío sobre a necesaria redución da contaminación luminosa

Encontro de Jorquera con Martin Pawley
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, mantivo este venres un encontro con Martin Pawley, directivo da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Falamos coa Agrupación Astronómica Ío sobre a necesaria redución da contaminación luminosa

Na conversa, Pawley comunicoulle ao voceiro nacionalista que a esta entidade científica lle preocupa o feito de que o proxecto de mudanza do alumeamento público na cidade –a realizar en 3 anos, con fondos da UE- non se vaia traducir nunha redución significativa da contaminación luminosa.

“Compartimos absolutamente esta preocupación e trasladámoslle a Ío que imos presentar unha iniciativa para que o Goberno Local tome as medidas precisas con vistas non perdermos a oportunidade de que este proxecto resulte realmente na redución da contaminación luminosa”, dixo Jorquera.

“Está ben que o Concello reduza a factura enerxética, mais iso en absoluto é incompatíbel con que á vez se persiga como obxectivo reducir o impacto da contaminación luminosa”, conclúe o voceiro nacionalista.

O BNG quere saber como se vai desenvolver o proxecto e en que persoas expertas se vai apoiar o Goberno Local para o levar a cabo.

Falamos coa Agrupación Astronómica Ío sobre a necesaria redución da contaminación luminosa