ASUNTO SENSÍBEIS: COMEDORES ESCOLARES E DESINFECCIÓN DOS CENTROS

Fai falta maior implicación do Goberno Local perante o comezo do curso

Comisión Educación e Cultura. Preside Avia Veira.
Avia Veira a presidir a reunión
O grupo municipal do BNG bota en falta “maior implicación e compromiso” do Goberno Local perante un comezo do curso académico marcado pola pandemia en “asuntos tan sensíbeis” como a xestión dos comedores escolares e a limpeza e desinfección dos centros de ensino.
Fai falta maior implicación do Goberno Local perante o comezo do curso

Así o considera a concelleira nacionalista Avia Veira, quen esta mañá presidiu a reunión da Comisión de Educación e Cultura, na que compareceu o membro do Goberno Local Jesús Celemín.

“Aquí está claro que, por unha parte, a Xunta non asume as súas competencias na materia e que, por outra, ao Goberno Local fáltalle impulso e decisión á hora de resolver asuntos de moita importancia para que as cousas vaian ben no comezo do curso”, afirma Avia Veira.

Sobre os comedores escolares, salienta que xa antes da pandemia nalgúns centros “había até tres quendas para atender o alumnado”. “Tendo en conta as distancias de seguridade e o tempo que leva desinfectar as instalacións, é evidente que farán falta máis quendas. Isto significa que hai que ir á ampliación dos comedores. E aquí é onde botamos en falta o impulso do Goberno Local”.

Avia Veira presidiu a reunión da Comisión de Educación e Cultura e denunciou que perante o comezo do curso a Xunta “non está a asumir as súas competencias nestes asuntos tan sensíbeis

O mesmo acontece no que ten a ver coa desinfección dos centros escolares. “A Xunta tería que asumir esta tarefa, mais non ten a menor intención de o facer. Sabemos que é unha obriga da Administración galega, non da municipal, mais non podemos ficar de brazos cruzados e por iso instamos o Goberno Local a que reforce o contrato de limpeza coa actual concesionaria”, di Avia Veira.

Celemín tamén comparecía para informar sobre a programación cultural desenvolvida na cidade durante o verán. A este respecto, Avia Veira reprochoulle ao Goberno Local que non prestase suficiente apoio “á cultura e ás creadoras e creadores locais”. “Desde o executivo de María Pita non se cuestionaron en ningún momento as restricións e atrancos impostos pola Xunta ao desenvolvemento da vida cultural na nosa cidade. Chegan a Alvedro avións cheos de xente, mais os teatros teñen que estar medio baleiros. Iso é un sen sentido”, considera Avia Veira, para quen o sector cultural non está a recibir a atención que merece por parte do Concello.

 

Fai falta maior implicación do Goberno Local perante o comezo do curso