«Que entende o alcalde por "desordenar" o movemento veciñal?» pregunta do BNG para o Pleno

«Que entende o alcalde por "desordenar" o movemento veciñal?» pregunta do BNG para o Pleno

A Coruña, 2 de maio de 2016.- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar na mañá de hoxe as preguntas para a súa resposta oral no Pleno que celebrará o vindeiro luns día 9.

O BNG preguntaralle en Pleno ao Goberno municipal polos motivos polos que este quere desordenar o movemento veciñal

Iago Martínez durante a súa intervención no acto de Barcelona En Comú

Deste xeito, o BNG, a primeira iniciativa que se lle traslada ao Goberno municipal, está en relación á polémica xerada polo asesor da Alcaldía, Iago Martínez, no acto organizado por Barcelona en Comú, nas que se admita publicamente que as iniciativas A Porta Aberta e o Dillo ti respondían a unha estratexia do Executivo local para “intentar desordenar o espazo de representación” que significa o movemento veciñal.

As nacionalistas non entenden porque é labor do goberno o intentar desordenar ao movemento veciñal, e piden que se aclare se as intención son desestabilizar a representación organizada da veciñanza que nesta cidade leva simbolizando nas últimas décadas o mais claro e o maior altofalante da cidadanía da Coruña. O Bloque lembra que son moitas as persoas que traballaron e traballan nel desinteresadamente e que foron quen de manter viva a voz crítica da veciñanza, das persoas, dos seus problemas e da situación de abandono dos barrios, facendo unha oposición dificultosa, e moitas veces silenciada, ás políticas dos anos mais duros dos mandatos de Francisco Vázquez e Carlos Negreira.

Que medidas aplicou e vai aplicar o Goberno municipal para apoiar o pequeno e mediano comercio e que actuacións está realizando o Executivo local para facer efectiva a cesión do Ministerio de Defensa das tres parcelas dos terreos da Maestranza, as outras dúas preguntas orais do BNG para o Pleno de maio

Noutra das iniciativas que rexistraron as nacionalistas está o saber que medidas aplicou e vai aplicar o Goberno municipal para apoiar o pequeno e mediano comercio da cidade. O Bloque lembra que entre as alegacións á aprobación inicial aos orzamentos municipais incluíron unha na que se solicitaba o destinar até 245.100 euros co obxecto de aumentar a aplicación destinada ao Plan de Dinamización Comercial, coa finalidade específica de Creación e desenvolvemento dun Banco de Locais Comerciais, iniciativa que fundamentan na necesidade de garantir de xeito efectivo nos orzamentos axudas ao pequeno e mediano comercio e ao emprendemento. “Queremos que o Goberno explique que programas, actuación ou medidas teñen pensado desenvolver e se xa desenvolveron algunha nos últimos meses”, indican as nacionalistas.

Pegada de carteis reclamando a devolución do Campo da Estrada

Por último, na terceira pregunta que traslada o Grupo Municipal do BNG, inquíreselle ao Executivo local o saber que está facendo para facer efectiva a cesión do Ministerio de Defensa das tres parcelas dos terreos da Maestranza. “Despois de terse aprobado dúas mocións en Pleno, e despois que a semana pasada quedara deserta a poxa, o alcalde declarou publicamente que «voltaría a sentarse co Ministerio de Defensa para ver cal é a perspectiva ante o novo escenario sobre os terreos». Nós pensamos que non existe outra prespectiva que non sexa a cesión gratuíta dos terreos por canto son terreos comunais, da cidade, e que non cabe outra tipo de actuación que non sexa a esixencia ao Ministerio de que se devolva á cidade as tres parcelas da Maestranza”, conclúe Avia Veira.

«Que entende o alcalde por "desordenar" o movemento veciñal?» pregunta do BNG para o Pleno