A contratación pública responsábel e os dereitos das e dos traballadores

A contratación pública responsábel e os dereitos das e dos traballadores

A Coruña, 27 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG presentou está mañá en rolda de prensa un rogo oral no que solicita ao Goberno municipal a inclusión en todos os pregos unha cláusula que garanta a defensa dos dereitos fundamentais das persoas traballadoras das empresas adxudicatarias de contratos da Administración pública.

O BNG demanda a inclusión dunha cláusula de responsabilidade laboral de cumprimento dos dereitos fundamentais das traballadoras e dos traballadores nas adxudicacións, contratacións e pregos municipais

O Bloque sinala que nos últimos anos, ten sido frecuente a vulneración destes dereitos fundamentais das e dos traballadores nas empresas axudicatarias de contratos públicos. Como exemplo, as nacionalistas poñen o caso no Concello da Coruña da problemática que existe coa empresa SAMYL (Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza), con múltiples sentenzas firmes en materia de dereitos fundamentais que declaran a vulneración das garantías de indemnidade e do dereito á igualdade e non discriminación.

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego manifesta que non é normal que unha empresa condenada por dereitos fundamentais xestione un servizo municipal a través dunha contrata e que non cabe que se lucre con cartos públicos cando na súa xestión vulnera dereitos fundamentais e así o ditaminan os tribunais. “É por iso que, e tal e como formulamos no noso programa electoral, e tamén como recollen as Instrucións sobre contratación pública estratéxica no Concello da Coruña, debe ser poñerse en valor o efecto transformador do poder de contratación dos servizos públicos municipais, como operadores económicos que son, con capacidade de intervir e influír nos mercados de bens e servizos, para artellar a economía desde a responsabilidade social”, sinala Avia Veira.

Esta mañá presentou un rogo oral para o próximo pleno para que “as persoas físicas ou xurídicas que tivesen sido sancionadas ou condenadas nas instancias administrativas ou xudiciais, con carácter firme, por vulneración dos Dereitos Fundamentais das súas traballadoras e traballadores”

Deste xeito, o BNG propón a través desta iniciativa incluír en todos os pregos a seguinte cláusula:

"Non poderán participar na presente licitación as persoas físicas ou xurídicas que tivesen sido sancionadas ou condenadas nas instancias administrativas ou xudiciais, con carácter firme, por vulneración dos Dereitos Fundamentais das súas traballadoras e traballadores, ou que tivesen sido sancionadas, con carácter firme, por infracción moi grave en materia social ao abeiro do disposto na Lei sobre infraccións na orde social.

Igualmente, se ditas sancións ou condenas se producisen con carácter sobrevido, o Concello poderá rescindir a concesión sen dereito á indemnización algunha para a contratista.".

Así mesmo, a concelleira nacionalista Avia Veira sinala que, na Comisión de Transparencia e Contratación que terá lugar mañá e na que se analizarán as Instrucións sobre contratación pública estratéxica no Concello da Coruña aprobadas en Xunta de Goberno Local o pasado venres, tamén trasladará a necesidade de que se recolla esta proposta.

A contratación pública responsábel e os dereitos das e dos traballadores