Moitas voces contra a desindustrialización, a represión sindical e as deslocalizacións

Manifestación unitaria polo emprego. María Pita.
Unha moi nutrida manifestación percorreu esta mañá A Coruña desde a Delegación do Goberno até María Pita, convocada por CIG, UXT e CC OO. A marcha ofreceu unha nova lección de civismo con todas as medidas de seguranza necesarias nestes tempos.
Moitas voces contra a desindustrialización, a represión sindical e as deslocalizacións

O BNG participou cunha faixa propia e na marcha participaron, entre outrxs moitxs militantes nacionalistas, a deputada Mercedes Queixas, a concelleira Avia Veira, e o noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera.

Queixas Veira Jorquera

Aderimos totalmente as palabras de orden da marcha que sinalan a responsabilidade do Goberno so Estado e da Xunta no proceso de desindustrialización que sofre a cidade e a comarca. E tamén erguemos a voz contra a represión sindical -eis Alu Ibérica- e as deslocalizacións -eis Naturgy.

Moitas voces contra a desindustrialización, a represión sindical e as deslocalizacións