Caxigal desminte as acusacións sobre as obras do Pazo dos Deportes

Caxigal desminte as acusacións sobre as obras do Pazo dos Deportes

A Coruña, 4 de setembro de 2012.- O concelleiro do BNG Xan Caxigal, ex edil de Deportes, rexeita as acusacións do Sr. Mourelo sobre as obras no Pazo dos Deportes e pon de manifesto que estas actuacións foron desenvolvidas sen premura e tal e como recollía o proxecto redactado polos técnicos. Ademais, lembra que as obras foron executadas tendo en conta a utilización do Pazo dos Deportes tanto por parte do Liceo como do Basket Coruña.

Caxigal pídelle ao Sr. Mourelo que "non venda como un favor nin como un logro a cobertura por parte da empresa das novas actuacións no Pazo dos Deportes, xa que, como debería saber o concelleiro, calquera obra ten unha garantía que deben cubrir as adxudicatarias, e nunca as arcas do Concello". "É vergoñento que para xustificar a súa existencia o Sr. Mourelo teña que recorrer á mentira e ás difamacións sobre o anterior Goberno", afirma Caxigal, quen lle recomenda ao actual concelleiro de Deportes "que se preocupe de executar os orzamentos da súa área e que traballe nas infraestruturas pendentes de realizar e que levan meses agardando os veciños e veciñas ".

Caxigal desminte as acusacións sobre as obras do Pazo dos Deportes