Cando vai presentar o Concello a demanda para a Casa Cornide volver ser patrimonio público?

Mercedes Queixas e Francisco Jorquera. Casa Cornide.
Mobilización ante a Casa Cornide
 A concelleira do BNG Avia Veira vaille dirixir unha pregunta oral ao Executivo coruñés, no Pleno do vindeiro xoves, para saber cando ten pensado presentar a demanda xudicial para recuperar a Casa Cornide para o patrimonio público.
Cando vai presentar o Concello a demanda para a Casa Cornide volver ser patrimonio público?

“Non entendemos por que o Goberno Local non ten ido xa aos tribunais para conseguir a restitución dun ben que era de todas as coruñesas e os coruñeses e que, por medio dunha operación fraudulenta orquestrada pola familia Franco e por Pedro Barrié de la Maza, acabou nas mans do ditador”, afirma Avia Veira, quen lembra que a Xunta da Galiza incoou días atrás o procedemento para declarar o palacete barroco como BIC.

“O Goberno Local dispón xa dos informes xurídicos precisos para presentar a demanda. Queremos saber que explica a demora en formulala”, indica Veira.

Hai varios pronunciamentos do Plenio en que se instaba o Goberno Local a que exercese as accións xudiciais precisas para garantir a recuperación deste inmóbel. O BNG tamén alertou no seu día de que a familia Franco estaba a extraer obxectos do palacete, o cal abría obviamente a hipótese de que se estivese a consumar o espolio de bens de interese cultural susceptíbeis de protección.

 

 

Cando vai presentar o Concello a demanda para a Casa Cornide volver ser patrimonio público?