O BNG reclama que a Vía Ártabra se conclúa en todo o trazado inicialmente previsto

O BNG reclama que a Vía Ártabra se conclúa en todo o trazado inicialmente previsto

A Coruña, 6 de setembro de 2013.- O Portavoz do BNG no Parlamento de Galiza, Francisco Jorquera, ridiculizou hoxe o acto de inauguración da Via Ártabra, afirmando que “hoxe se inaugura a bombo e platillo unha vía que vai a ningures”. O portavoz nacionalista criticou, tamén, que a Xunta de Galiza apele á necesidade de evitar gastos improdutivos para xustificar a renuncia a conectar a Vía Ártabra coa AP-9 e a A-6.

Así sinalou que “a Vía Ártabra perde todo o seu sentido e funcionalidade sen este último treito, e converte ese investimento nun gran despilfarro de fondos públicos xa que neste momento non está en funcionamento nin o inicio nin o final dese vial”.

"O tramo que agora se vai inaugurar (Treito I), de 5,4 km, dos que 2,5 teñen carácter de autovía, ten un investimento superior aos 40 millóns de euros e só serve para comunicar parroquias, pois remata na N-VI precisamente nun tramo colapsado, onde o Ministerio de Fomento aínda non realizou o desdoble da N-VI e onde é frecuente circular en caravana a velocidades inferiores aos 50 km/h, o que da idea ademais dunha tremenda descoordinación entre Administracións gobernadas en ambos os dous casos polo Partido Popular”.

Francisco Jorquera anunciou a presentación, por parte do BNG, dunha batería de iniciativas no Parlamento Galego que incluén unha Proposición Non de Lei na que se insta á Xunta de Galiza a“continuar co proxecto de execución e construción da Vía Ártabra tal e como estaba prevista no seu trazado inicial, desde a autovía A-6 até o porto de Lorbé, para dotar de funcionalidade á devandita vía e non incorrer nun investimento improdutivo”.

O BNG reclama que a Vía Ártabra se conclúa en todo o trazado inicialmente previsto