O BNG reclama cun voto particular recuperar as minoracións en Igualdade

O BNG reclama cun voto particular recuperar as minoracións en Igualdade

A Coruña, 31 de agosto de 2015.- A concelleira do BNG Avia Veira, xunto con activistas do movemento feminista da Coruña Yolanda Naya e Cristina Bajo, presentou esta mañá en rolda de prensa o contido do voto particular que o BNG rexistrou este sábado e que ten por obxecto corrixir a minoración da partida económica destinada a programas de Igualdade no modificativo de crédito que se vai debater no Pleno no vindeiro luns. O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego non comparte a minoración en programas de Igualdade que o Goberno incorpora nesta proposta de modificativo, que obtivo ditame favorábel da Comisión de Facenda na súa sesión do 28 de agosto e contra o que este grupo presentou o voto particular.

O BNG, xunto con activistas do movemento feminista, presentaron en rolda de prensa o contido do voto particular que presentará no Pleno ao modificativo de Crédito

De feito, a formación nacionalista fixo fincapé en que é inxustificábel esta minoración a respecto do modificativo inicial sobre todo tendo en conta que ficou unha cantidade de 30.000 euros resultado da diferenza entre o montante total das partidas que se propoñía eliminar do modificativo e a cantidade total das partidas que se propoñía incorporar ou recuperar.

O obxecto deste voto particular é corrixir a minoración da partida económica destinada a programas de Igualdade

20150831_rolda_votoparticular_3_webAs nacionalistas apuntaron que se debe ir máis aló da simple creación da Concellaría de Igualdade, que consideraron positiva, para o que é preciso dotala con recursos suficientes.     Neste sentido, o Bloque demanda que a partida destinada a financiar os programas da Concellaría de Igualdade deben recuperarse na proposta de modificativo. O BNG entende que o destino de recursos públicos para programas de Igualdade e de loita contra a violencia machista é fundamental nun momento onde a crise económica e social que se está a vivir e a falta de alternativas xustas e sociais desde os gobernos do estado, de Galiza e locais golpea as mulleres de maneira especial. Polo tanto, para o Bloque, o investimento destinado a este tipo de programas ten que ser considerado como prioritario e, por iso, non pode agardar até o ano que vén.

Deste xeito, o acordo que propón o grupo municipal do BNG como voto particular é o seguinte:

“Como cómpre máis que nunca empregar todos os recursos públicos posíbeis para pular por políticas de igualdade e por políticas de loita contra a violencia machista desde todas as Administracións públicas, que se incorporen, tal e como se explica na exposición de motivos deste voto particular, 30.000 euros máis á partida destinada a programas de igualdade da Concellaría de Igualdade e Diversidade, que foi minorada nesta cantidade na proposta de modificativo de crédito que se trae hoxe a esta sesión do Pleno, malia non figurar así reducida na súa primeira versión do modificativo do Pleno do 7 de agosto”.

Preme aquí para ver o texto íntegro do voto particular.

O BNG reclama cun voto particular recuperar as minoracións en Igualdade