O BNG presenta unha moción para rexeitar a agresión imperialista en Siria

O BNG presenta unha moción para rexeitar a agresión imperialista en Siria

A Coruña, 7 de setembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG levará ao Pleno ordinario deste luns unha moción para que o Concello da Coruña rexeite a intervención militar en Siria, impulsada polos EEUU, e a aposta pola vía pacífica e democrática para a resolución dos conflitos, logo de que nas últimas semanas se está a preparar a opinión pública internacional, para unha inminente agresión imperialista contra Siria, do mesmo xeito que con anterioridade aconteceu en Iraque, en Afganistán ou en tantos outros lugares. fomentado polos EEUU e os seus aliados.

As potencias imperialistas, sinalan as nacionalistas, veñen alimentando desde hai tempo a guerra contra Siria, organizando e apoiando política, económica e militarmente os chamados 'rebeldes'. Agora que esa estratexia se revela fracasada, preparan a intervención militar directa, unha guerra motivada, como en anteriores ocasións na mesma rexión, por intereses económicos e xeoestratéxicos fundamentalmente dos Estados Unidos e tamén de Israel. Mentres asistimos á perda de vidas humanas e a unha nova vaga de persoas refuxiadas, algo que non podemos máis que lamentar e sobre o que exiximos que se poña o foco desde o primeiro momento.

Ademais, na moción, solicítase que a Corporación traslade á Xunta de Galiza a petición de que lle exixa ao Estado español que non interveña, nin de maneira directa nin indirecta, nesta operación miliatar e que se opoña frontalmente nos foros e organismos internacionais a un ataque militar de EEUU e outros Estados aliados a Siria. E tamén pide que o Concello da Coruña apoie institucionalmente os actos convocados para expresar a repulsa social ao ataque militar contra Siria e faga un chamamento á cidadanía do concello para manifestar de xeito masivo e inequívoco na rúas o rexeitamento a esta nova agresión imperialista.

O BNG presenta unha moción para rexeitar a agresión imperialista en Siria