O BNG presenta emendas aos orzamentos do Estado para incrementar as partidas destinadas ao tren

O BNG presenta emendas aos orzamentos do Estado para incrementar as partidas destinadas ao tren

tren 1A Coruña, 2 de novembro de 2013.- O BNG vén de rexistrar no Congreso varias emendas parciais aos orzamentos xerais para 2014 co fin de dotar de corrixir as cativas dotacións consignadas para o tren no que ten a ver co Eixo Atlántico Ferrol-A Coruña, co tren de proximidade e coas melloras en seguridade ferroviaria.

Así, as deputadas do BNG no Congreso, Olaia Fernández e Rosana Pérez, reclamaron 10 millóns de euros para que o Goberno central impulse o Eixo Atlántico Ferrol-A Coruña. Con estes 10 millóns de euros, o BNG pretende que o Goberno central corrixa a partida insignificante de 15.000 euros coa que dotou inicialmente o Eixo Atlántico Ferrol-A Coruña.

Para subsanar as graves carencias que padecen as líneas férreas galegas en materia de seguridade, o BNG tamén pediu, a través dunha emenda parcial, destinar 30 millóns de euros ao Plan de mellora da seguridade ferroviaria.

400.000 euros para o estudo do plan que implante os servizos de proximidade

Ademais, o BNG presentou unha emenda parcial de 400.000 euros para o estudo do plan para a implantación dos servizos de proximidade de Galiza, dado que o Goberno central só consignou 52.690 euros nos orzamentos de 2014.

O Bloque critica que o Goberno central apostara nos orzamentos xerais do Estado pola conexión de Galiza con España en detrimento da liña ferroviaria interior. Case 900 millóns dos 1.339 millóns destinados ao noso país nos orzamentos xerais do Estado son absorbidos pola alta velocidade Olmedo-Lubián-Ourense. O BNG non cuestiona que se execute o programado para o AVE, mais pon de manifesto que Galiza ten outras moitas necesidades ferroviarias que nos teñen desatendidas desde hai anos, máxime na comarca da Coruña, cunha liña A Coruña-Ferrol propia de inicios do século pasado. Lembran as nacionalistas que o tren A Coruña-Ferrol tarda 1h15min, case tanto como o AVE Madrid-Valencia.

O BNG presenta emendas aos orzamentos do Estado para incrementar as partidas destinadas ao tren