Linkedin ten que respectar o topónimo da cidade

Linkedin

O BNG tivo coñecemento de que recentemente usuarios da rede social Linkedin foron informados por esta empresa de que a súa ubicación on line pasaría de ser "A Coruña y alrededores" a "La Coruña y alrededores", mudanza que se produciría "automaticamente" a partir do 12 de outubro.

Linkedin ten que respectar o topónimo da cidade

Aínda por riba, Linkidin presenta esta mudanza como proba de que "nunca deixamos de mellorar a nosa plataforma para que a túa experiencia sexa inigualábel".

Perante esta situación, o grupo municipal do BNG vai rexistrar no Concello unha iniciativa para lle pedir ao Goberno Local que se dirixa a esta rede social co propósito de que respecte a única forma válida, legal e lexítima do nome da cidade, isto é, o topónimo A Coruña. 

Linkedin ten que respectar o topónimo da cidade