O BNG pediu o martes nun rogo o recurso que hoxe anunciou a alcaldesa contra as indemnizacións aos Franco

Toma simbólica do Pazo de Meirás realizada por compañeiras e compañeiros o 30 de agosto
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou este martes un rogo oral á alcaldesa para esta dar instrucións aos servizos xurídicos do Concello en orde a que se presentase un recurso contra a sentenza da Audiencia Provincial que recoñece aos herdeiros do ditador Franco dereitos indemnizatorios polos gastos feitos no Pazo de Meirás.
O BNG pediu o martes nun rogo o recurso que hoxe anunciou a alcaldesa contra as indemnizacións aos Franco

O BNG, por tanto, non pode menos que congratularse ante o anuncio feito pola alcaldesa este mesmo xoves de que, con efecto, o Concello interporá ese recurso.

Na exposición de motivos deste rogo, Jorquera aducía que indemnizar con diñeiro público os beneficiarios dun espolio sería tanto como unha “humillación para calquera demócrata  e unha ofensa a todas as persoas que levan décadas loitando pola recuperación da memoria e contra a impunidade do franquismo”.

O BNG pediu o martes nun rogo o recurso que hoxe anunciou a alcaldesa contra as indemnizacións aos Franco