O BNG insta o Concello a garantir a seguridade nas obras dunha casa de Atocha Alta

O BNG insta o Concello a garantir a seguridade nas obras dunha casa de Atocha Alta

A Coruña, 30 de agosto de 2014- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar un rogo no que lle solicita ao Goberno do Sr. Negreira que nas obras de derrubamento da casa da rúa da Atocha Alta nº14 se garanta a seguridade das persoas viandantes, veciñas e das traballadoras; que se obrigue as empresas á retirada e á desmontaxe da uralita do xeito que marca a lei e que se fagan as inspeccións oportunas para garantir que se cumpre coa legalidade.

As nacionalistas presentaron esta iniciativa despois de que veciños e veciñas se dirixiran ao Concello e ao Grupo Municipal do BNG para poñer en coñecemento que as obras de derrubamento da casa da rúa das Atcohas nº14 non se estaban a realizar coas condicións de seguridade axeitadas. Porén, ninguén lles deu resposta por parte do Goberno do Sr. Negreira. De aí que o BNG o urxa a cumprir co rogo.

O BNG insta o Concello a garantir a seguridade nas obras dunha casa de Atocha Alta