O BNG faise eco das reivindicacións canto ao transporte público do Birloque e da II Fase de Elviña

O BNG faise eco das reivindicacións canto ao transporte público do Birloque e da II Fase de Elviña

A Coruña, 22 de xuño de 2015.- Diante da apertura no día de hoxe da pasarela que une a avenida de Glasgow coa rúa Pablo Picasso, o BNG faise eco das reivindicacións da veciñanza e das persoas que traballan no pequeno comercio da Segunda Fase de Elviña, que reclaman unha liña de buses que os conecte co centro.

Para isto, o Bloque da Coruña presentou esta maña dúas iniciativas -un rogo escrito e dúas preguntas escritas, achéganse escaneadas coa nota- para demandarlle ao Goberno municipal que incie conversas coa veciñanza e coa Compañía de Tranvías para dar solución rápida e acaída ao que é un grave atranco para a veciñanza e o comercio do barrio da II Fase de Elviña, nomeadamente da rúa Pablo Picasso.

O Grupo Municipal do BNG lembra que as veciñas e os veciños da Segunda Fase de Elviña e do Birloque teñen denunciado a situación de illamento e desprotección cando, por mor das obras na avenida de San Cristovo, mudou o percorrido da liña número 5 polo que deixou de pasar pola rúa Pablo Picasso.

“Porén, coa apertura do paso elevado entre a avenida de Glasgow e a rúa Pablo Picasso, non existen atrancos para que o barrio do Birloque e a segunda fase de Elviña volvan estar unidos por autobús entre eles e co centro da cidade con moitas frecuencias e un percorrido amplo”, sinalou a nacionalista Avia Veira.

pe buses elviña rogo buses elviña

O BNG faise eco das reivindicacións canto ao transporte público do Birloque e da II Fase de Elviña