O BNG denuncia o illamento que sufrirá o Birloque despois das obras

O BNG denuncia o illamento que sufrirá o Birloque despois das obras

A Coruña, 11 de novembro de 2012.- A concelleira María Xosé Bravo reuniuse no día de onte co presidente da A VV Os Anxos, do Birloque, Ramón Mañana, para poñerse a súa disposición de cara a denunciar a situación caótica e de inseguridade viaria que sofren os e as veciñas do barrio. “O Birloque vai ficar illado polas infraestruturas que se están a acometer sen planificación ningunha e sen un plan de mobilidade que contemple as obras da terceira rolda”, sinala. Bravo critica que a solución que dá o Goberno central consista en deixar incomunicados O Birloque e Elviña, dous barrios que comparten servizos.

Ademais, a nacionalista pon de manifesto as eivas de seguridade que sofren os 18.000 habitantes do Birloque. Así, alerta do perigo que supón levar as crianzas ás escolas, xa que as familias teñen que cruzar unha estrada sen pasos de peóns que transitan camións de gran tonelaxe. “Non pode haber barrios de primeira e de segunda”, sinala.

Neste contexto, a concelleira do BNG aposta por que o Goberno do Sr. Negreira atenda as demandas dos e das veciñas do Birloque para contemplar alternativas que non deixen o barrio no abandono e illado do resto da cidade.

 

 

O BNG denuncia o illamento que sufrirá o Birloque despois das obras