O BNG critica que o Goberno municipal acordara rehabilitarlle un edificio a Cáritas por 1,4 millóns

O BNG critica que o Goberno municipal acordara rehabilitarlle un edificio a Cáritas por 1,4 millóns

A Coruña, 28 de outubro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG rexeita o agasallo do Goberno municipal a Cáritas, por valor de 1.442.258,56 euros na rehabilitación do edificio Boandanza para instalar un centro de día e un centro social. Os nacionalistas, que advirten de que se trata dun agasallo maquillado a través dunha cesión, critican o convenio leonino asinado entre o Goberno do Sr. Negreira e Cáritas, xa que a actuación pública sobre o centro día e o centro social á opinión e aos ditados da entidade eclesiástica, sobre todo se esta non fose a concesionaria que os xestionase.

Ademais de agasallar a Cáritas con 1,4 millóns, o Sr. Negreira cedeu ante unhas obrigas desproporcionadas que fan non só rehabilitar o edificio Boandanza, senón que Cáritas siga tendo o control das obras que alí se fagan e incluso da actividade futura que o concello poida desenvolver. É máis, se Cáritas non for a adxudicataria da xestión do centro, a empresa gañadora do concurso estaría obrigada a subrogar os sete traballadores que hai na actualidade. Os nacionalistas critican tamén que o Concello, ademais de facerse cargo das obras, do mantemento e dos tributos, terá que pedirlle permiso a Cáritas para o desenvolvemento de calquera actividade que alí se desenvolva, sobre todo, no centro social.

Pola outra banda, o Concello está obrigado a facilitarlle a Cáritas "a formulación de suxestións e correccións, requisito indispensábelpara a execución das obras por parte do Concello", segundo se recolle no convenio. Cáritas poderá comprobar "se as obras se realizaron de acordo co proxecto aprobado e aceptar ou non as modificacións que se puidesen producir", advirten os nacionalistas.

 

 

O BNG critica que o Goberno municipal acordara rehabilitarlle un edificio a Cáritas por 1,4 millóns