O BNG condena o último ataque machista na cidade

O BNG condena o último ataque machista na cidade

A Coruña, a 16 de agosto de 2014. O BNG da Coruña condena e manifesta publicamente o seu rexeitamento ao ataque machista que tivo lugar no día de onte nun bar da Rolda de Outeiro. As nacionalistas chaman a sociedade a sumarse á tolerancia cero coa violencia machista, o maior síntoma de desigualdade entre homes e mulleres e insisten en reclamar que a loita contra a violencia machista sexa considerada un asunto prioritario nas axendas políticas.

O BNG da Coruña reivindica adoptar medidas para eliminar a discriminación contra as mulleres e medios axeitados para combater a violencia machista. Así, solicita incrementar os recursos materiais e persoais na loita contra a violencia de xénero. O BNG seguirá a demandar, en todas as instancias das que forma parte, unha aposta decidida por políticas que conduzan a unha transformación social radical que consiga pór en cuestión as relacións de dominio e que combata un patriarcado que se está a reforzar cada día.

O BNG condena o último ataque machista na cidade